miniatura|260px|Touciño do ceo da casa. O touciño do ceo é un doce feito con xemas de ovo e azucre.Touciño do ceo, no Gran dicionario Xerais da lingua. 2009, Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4, É unha das sobremesas tradicionais de España e Portugal.

Consiste nunha especie de torta, moi parecida a un flan, feita con azucre caramelizado e unha gran cantidade de xemas de ovo, compacta e de cor amarela intensa."Receta de Tocino del cielo de Jerez". Nalgunhas partes de Portugal engádense tamén améndoas moídas e, ás veces, cabelo de anxo.

Faise en toda a Península Ibérica, pero é sobre todo típico de Andalucía, especialmente en Xerez da Fronteira (Cádiz) e en Asturias, onde ten moita sona o que se fai en Grau, en España, e de Guimarães, Braga e Tras os Montes, en Portugal.

Etimoloxía posíbel O nome touciño do ceo débese ao feito de que, ao parecer, a versión orixinal tiña graxa de porco como ingrediente, e que a sobremesa tivo a súa orixe nos conventos.

Historia A tradición sitúa a súa orixe en Xerez da Fronteira hai máis de 500 anos. As primeiras noticias do touciño do ceo remóntanse ao ano 1324 e, segundo as fontes, foi creado polas monxas do Convento do Espírito Santo desa localidade andaluza."¿Cual es el origen de los tocinos de cielo?" Youtube.

A súa orixe está ligada á elaboración do viño da zona e ao emprego masivo de claras de ovo usadas para a clarificación do viño de Xerez. O resto, as xemas, os fabricantes do viño dábanllas ao convento de monxas, as que, co fin de reutilizalas, deseñaron a sobremesa "touciño do ceo".

Actualmente o concello de Xerez da Fronteira está realizando trámites para a concesión dunha Indicación Xeográfica Protexida."Jerez quiere que su tocino de cielo sea solamente suyo".

Receita

Para realizar un touciño do ceo só se necesita xema de ovo, azucre e auga. Para realizalo basicamente hai que facer un almibre co azucre en auga. Cando está tépedo vanse engadindo as xemas, baténdoas. Ponse a mestura nun recipiente caramelizado e quéntase ao baño maría até que estea coagulado, é dicir, con consistencia de flan. Debe servirse frío."Tocino de cielo de Jerez"

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Condesa de Pardo Bazán (1996): La cocina española antigua. A Coruña: Academia Galega de Gastronomía. ISBN 84-600-9327-1, p. 385. Ed. facsímile autorizada pola RAG da orixinal (Madrid, 1913) da Sociedad Anónima Renacimiento. Colección Biblioteca de la Mujer, dirixida pola propia Pardo Bazán. Ortega, Simone (1972): Mil ochenta recetas de cocina, 12ª ed. Madrid: Alianza Editorial. Col. "El Libro de Bolsillo". ISBN 84-206-1428-9, páx. 626-627.

Outros artigos Almibre Flan

Ligazóns externas Receita

Categoría:Doces Categoría:Gastronomía de España Categoría:Gastronomía de Portugal Categoría:Sobremesas