A Igrexa de Irlanda é unha provincia autónoma da Comuñón anglicana. Ten xurisdición sobre a totalidade da illa de Irlanda, e é a segunda crenza en número de fieis por detrás do catolicismo. Como outras igrexas anglicanas, mantén elementos anteriores á reforma protestante, en particular o goberno episcopal. Porén, en materia teolóxica e litúrxica, incorpora moitos dos principios da reforma inglesa. A igrexa considérase ao mesmo tempo "católica e reformada", como a maioría de igrexas anglicanas, é acolle tanto membros máis próximos ao catolicismo (coñecidos como high church) como outros máis achegados ao protestantismo (low church ou evanxélicos). Na República é a segunda tradición relixiosa, e a terceira en Irlanda do Norte.
Categoría:Anglicanismo en Irlanda Categoría:Anglicanismo no Reino Unido