Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.
Historia miniatura|dereita|Jorge Suárez. Nas eleccións municipais de 2015 FeC foi o segundo partido máis votado (7 142 votos, 21,98%), conseguindo 6 asentos no concello. Ao ser a forza de esquerdas máis votada, Jorge Suárez saíu elixido como alcalde cos votos de FeC, o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego.
Nas eleccións municipais de 2019 conseguiron tres escanos, a metade que na lexislatura anterior, pasando a ser a terceira forza, por detrás de PP e PSdeG.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Marea Atlántica Marea de Vigo Marea Pontevedra Compostela Aberta Lugonovo
Ligazóns externas Twitter oficial
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Ferrol