Ames Novo é un movemento cidadán e político creado no concello de Ames que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015.
Traxectoria A candidata á alcaldía foi Pilar Candocia, anteriormente concelleira de Educación vencellada ao BNG. No movemento participan diversos partidos políticos, coma Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista Galego. A diferenza de noutras candidaturas cidadás Podemos non participa nesta lista, senón que promoveu outra candidatura: Contigo Pódese. Nas eleccións, Ames Novo foi a terceira forza máis votada con 2.474 votos (17,94%) e 4 concelleiros.
Non se presentou ás eleccións municipais de 2023, e tampouco se disolveu pretendendo presentar candidatura nas eleccións municipais de 2027.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ames Compostela Aberta Lugonovo Ferrol en Común Marea Atlántica Marea de Vigo Marea Pontevedra
Ligazóns externas Páxina oficial Twitter oficial
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Ames