Carl Schleicher, sendo o seu nome de nacemento Cölestin SchleicherPintura e acuarelas do século XIX: Carl (Cölestin) Schleicher, na páxina web Dorotheum (comprobado o 14 de maio de 2015)., nado en Lemberg (Lviv), Imperio Austríaco, no ano 1825 e finado en Padua, Reino de Italia, o 2 de outubro de 1903Carl Schleicher na páxina web Arcadja (comprobado o 13 de maio de 2015)., foi un pintor realista do século XIX.

Traxectoria Desenvolveu a súa obra principalmente en Viena entre os anos de 1860 e 1870. Foi alumno do pintor austríaco Ferdinand Georg Waldmüller. Particularmente coñecido polos retratos de rostros e o intercambio de ideas e interpretacións entre os rabinos talmudista, adicándolle unha cantidade considerable de cadros ó óleoEntre eles destacan Eine Streitfrage aus dem Talmud [Unha controversia calquera a partir do Talmud], Rabbi gelehrten in einer Debatte [Rabinos debatendo], Talmudische Diskussion [Discusión talmúdica], Eine Frage der Dispute im Talmud [Un asunto talmúdico en disputa] e Ein Talmudstreit [Unha disputa talmúdica]; os títulos das súas obras aquí enumerados correspóndense con aqueles dos seus traballos exhibidos en MutualArt (comprobado o 13 de maio de 2015).. Cargadas de material anecdótico, as pinturas dedicadas ós debates talmúdicos constitúen un valioso rexistro dos usos e costumes dos xudeus asquenacís en Europa, cultura e acervo coñecidos como YiddishkaytValiosa mostra porque a maior parte das comunidades asquenacís de Europa e a súa diversidade cultural perdéronse como consecuencia da Shoah..

As pinturas de Cölestin Schleicher caracterízanse por seren non só considerablemente descritivas, senón ademais por capturar con incomparable agudeza a atmosfera de estudo que rexía a vida dos talmudistas: estudo por certo non exento de seriedade e dedicación, incluíndo interesantes diálogos e ideas sorprendentes, pero tamén contradicións problemáticas, discusións interminables e un humor desopilante.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Nados en Lviv