Petros Márkaris, nado en Istanbul o 1 de xaneiro de 1937, é un tradutor, dramaturgo, guionista e narrador grego, coñecido especialmente polas súas novelas policiais protagonizadas polo comisario Costas Kharitos.

Traxectoria Naceu en Turquía nunha familia cristiá, de pai armenio (comerciante) e nai grega (ama de casa). Estudou secundaria no colexio austríaco de San Xurxo de Istanbul, e despois estudou Economía en Grecia, Turquía, Alemaña e Austria antes de se especializar na cultura alemá e adicarse á tradución de autores como Bertolt Brecht, Thomas Bernhard ou Arthur Schnitzler. Foi moi eloxiada a súa tradución de Fausto de Goethe.

Reside en Atenas desde a década de 1950. Como membro da minoría armenia, durante moitos anos non tivo cidadanía ningunha; obtivo a grega logo da caída da Ditadura dos Coroneis e o retorno da democracia en 1974, xunto co resto dos armenios que vivían en Grecia.Petros Márkaris, Κατ΄ εξακολούθηση, Εκδ. Πατάκη 2006, p.48.

Comezou a súa carreira literaria en 1965 como dramaturgo, coa peza Η ιστορία του Αλή Ρέτζο. Desde entón escribiu teatro, guións cinematográficos -coescribiu cinco filmes canda o director Theo Angelopoulos- e a súa famosa serie detectivesca do comisario Charitos, traducida a varios idiomas. Creou o detective Costas Kharitos, un desenganado policía ateniense, para facer unha representación crítica —que el cualifica de brechtiana—, da sociedade actual, logo de escribir durante varios anos os guións da serie televisiva Anatomía dun crime.

Obra Narrativa Νυχτερινό Δελτίο (1995) Άμυνα ζώνης (1998) Ο Τσε αυτοκτόνησε (2003) Βασικός Μέτοχος (2006) Παλιά, Πολύ Παλιά (2008) Ληξιπρόθεσμα Δάνεια (2010) Περαίωση (2011) Ψωμί, Παιδεία, Ελευθερία (2012) Τριημερία (2015)

Cine Μέρες του `36 (Theo Angelopoulos, 1972) Ο Μεγαλέξανδρος (Theo Angelopoulos, 1980) Το Μετέωρο Βήμα του Πελαργού (Theo Angelopoulos, 1991) Το Βλέμμα του Οδυσσέα (Theo Angelopoulos, 1995) Μια Αιωνιότητα και μια Μέρα (Theo Angelopoulos, 1998) Bulutları Beklerken (Yeşim Ustaoğlu, 2004)

Premios VII Premio Pepe Carvalho (2012) por Ληξιπρόθεσμα Δάνεια."Petros Márkaris gana el VII Premio Pepe Carvalho", artigo de Rosa Mora en El País, 3 de outubro de 2011 . Medalla Goethe (2013)

Notas

Categoría:Escritores en lingua grega moderna Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Nados en 1937 Categoría:Novelistas de Grecia Categoría:Dramaturgos de Grecia