Zhang Yimou (chinés simplificado: 张艺谋; pinyin: Zhāng Yìmóu), nado en Xi'an (China) o 14 de novembro de 1951 é un director, produtor, guionista e actor chinés.
Traxectoria Zhang naceu en Xi'an, fillo dun dermatólogo que fora oficial do exército revolucionario baixo Chiang Kai-shek durante a Guerra Civil Chinesa. Un tío seu e un irmán máis vello marcharon a Taiwán en 1949. Durante a Revolución Cultural Zhang abandonou os seus estudos e traballou nunha granxa durante tres anos e nunha industria téxtil durante sete. Neste tempo dedicouse á pintura e á fotografía como afeccionado.
En 1978, a pesar de non ter a idade nin os requisitos académicos, entrou na Academia Cinematográfica de Pequín e graduouse en fotografía. Na súa clase de 1982 tamén estaban Chen Kaige, Tian Zhuangzhuang e Zhang Junzhao.
Tras graduarse foi enviado a traballar como director de fotografía no estudio cinematográfico de Guangxi, cos seus compañeiros de promoción, mais axiña conseguiron o permiso para dirixir os seus propios filmes. Zhang debutou como director en 1987 con Hóng Gāoliáng, primeiro papel principal da actriz chinesa Gong Li. O filme recibiu excelentes críticas, gañando o Oso de Ouro do Festival de Berlín de 1988. Ese mesmo ano comezou a produción do drama de época Jú Dòu, de novo con Gong Li.
Qiū Jú dǎ guān sī gañou o León de Ouro no Festival de Venecia de 1992.Kleid, Beth (14 de setembro de 1992). "MOVIES." Los Angeles Times, p. 2. O seu seguinte filme, o épico Huózhe, foi prohibido na China, pero gañou o premio especial do xurado en Cannes ademais do de mellor actor para Ge You. Con Yáo a yáo, yáo dào wàipó qiáo (1995) acabou a súa relación profesional e romántica con Gong Li tras sete filmes e non volverían traballar xuntos ata Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ (2006).
En 2002 estreou o ambicioso drama wuxia Heroe, con estrelas asiáticas como Jet Li, Maggie Cheung, Tony Leung Chiu-Wai, Zhang Ziyi e Donnie Yen. Tras estrearse en Norteamérica en 2004 converteuse nun éxito internacional, chegando ao número un nos Estados Unidos e a ser candidata ao premio ao mellor filme en lingua estranxeira na 75ª edición dos Oscar.
Os filmes máis recentes de Zhang, así como as cerimonias dos Xogos Olímpicos de Pequín foron controvertidos. Algúns críticos indicaban que os seus novos traballos, ao contrario que os primeiros foron aprobados polo goberno chinés. Porén, Zhang dixo en entrevistas que non estaba interesado na política e que era un honor dirixir as cerimonias olímpicas por seren "unha oportunidade unha vez na vida".
Desde a década de 1990 compaxinou a súa carreira cinematográfica coa dirección de teatro.
Filmografía Ano Título Título chinés Notas 1987 Hóng Gāoliáng (Red Sorghum) 红高粱 1988 Dàiháo měizhōubào (Codename Cougar) 代号美洲豹 (co-director) 1990 Jú Dòu (Ju Dou) 菊豆 1991 Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà (Raise the Red Lantern) 大红灯笼高高挂 1992 Qiū Jú dǎ guān sī (The Story of Qiu Ju) 秋菊打官司 1994 Huózhe (To Live) 活着 1995 Yáo a yáo, yáo dào wàipó qiáo (Shanghai Triad) 摇啊摇,摇到外婆桥 1995 Zhang Yimou Episodio do filme Lumière and Company 1997 Yǒu Hùa Hǎo Hǎo Shūo (Keep Cool) 有話好好說 1999 Yíge dōu bùnéng shǎo (Not One Less) 一个都不能少 1999 Wǒde fùqin mǔqin (The Road Home) 我的父亲母亲 2000 Xìngfú Shíguāng (Happy Times) 幸福時光 2002 Heroe 英雄 2004 A casa das dagas voadoras 十面埋伏 2005 Riding Alone for Thousands of Miles 千里走单骑 2006 Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ (Curse of the Golden Flower) 满城尽带黄金甲 2007 Movie Night Episodio de To Each His Cinema 2009 Sānqiāng Pāi'àn Jīngqí (A Woman, a Gun and a Noodle Shop) 三枪拍案惊奇 2010 Shānzhāshù Zhī Liàn (Under the Hawthorn Tree) 山楂树之恋 2011 Jīnlíng Shísān Chāi (The Flowers of War) 金陵十三钗 2014 Guīlái 归来 2016 The Great Wall 長城 2018Ying (Sombra)影2020Yi miao zhong (Un segundo)一秒钟2021Xuanya zhishang (No precipicio)悬崖之上2022Jujishou (O francotirador)狙击手Co-director2023Man jiang hong满江红Jian ru pan shi (Duro coma unha rocha)坚如磐石2024Di ershi tiao (O artigo número 20)第二十条
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gateward, Frances (editor): Zhang Yimou: Interviews Conversations with Filmmakers Series, University Press of Mississippi, 2001. ISBN 1-57806-262-4. Colamartino, Fabrizio & Marco Dalla Gassa : "Il cinema di Zhang Yimou" Le Mani, 2003, ISBN 978-88-8012-244-9. Ligazóns externas
Zhang Yimou en Senses of Cinema Zhang Yimou en Hong Kong Movie Database
Categoría:Directores de cinema da China Categoría:Actores da China Categoría:Nados en Shaanxi Categoría:Nados en 1951