A Sinfonía nº 6 de Mahler foi composta entre os anos 1903 e 1904. A estrea da obra realizouse en maio de 1906 en Essen.

Estrutura Trátase da sinfonía de Mahler máis escura e cun estilismo musical decididamente tenebroso. Estruturalmente falando segue o esquema dunha sinfonía clásica, por contar con catro movementos. Mais o desenvolvemento e ordenación destes son innovadores.

Allegro energico Tradicionalmente o primeiro movemento das sinfonías era unha sonata. Mahler emprega tamén unha sonata nesta sinfonía, mais en vez de empregar a estrutura tripartita clásica A(Exposición)-B(Desenvolvemento)-A'(Conclusión), engade unha coda ó final do movemento. Esta coda continúa os temas traballados no desenvolvemento, quedando o esquema final A-B-A'-B. Neste parte desenvólvense e mestúranse ata cinco motivos musicais diferentes:

Marcha disfórica. É un dos elementos máis representativos da música de Mahler. Saca o seu poder expresivo da súa mesma incongruencia: unha marcha militar, que en teoría anima os soldados a avanzar, é musicada de tal xeito que mostra o avance imparable do home nun medio hostil e preso de malos agoiros. Coral pastoral. Obtense a partir de mesturar dous xéneros contraditorios: a pastoral que reflicte a vida feliz e apracible no medio nunha natureza idealizada, e a coral, canción de orixe litúrxica protestante e que era empregada no romanticismo como sinal de transcendencia. Motivo lírico. De gran semellanza cunha serenata clásica. Mahler imprímelle un sentido de transcendencia, non necesariamente amoroso ou relixioso. Música distante. Este motivo musical é marcado polos violíns en modo pianississimo. Dalgún xeito representa a fuxida de home cara a outro mundo; tal e como fixeran nas súas obras Verdi e Wagner. Tamén reforza esta sensación a presenza (sorprendente nunha sinfonía) da celesta ou os Chocallos. Estes instrumentos, de acordo con Mahler, son un símbolo doutro mundo, no que o home solitario se atopa coa eternidade. Selo maior-menor'''. Mahler emprega este efecto coma un descoloramento dun acorde. Este efecto de selo convértese nun emblema estilístico. Ten unha función dramatúrxica e estrutural, aparece en momentos estratéxicos da narración.

Scherzo miniatura|Exemplo de pintura negra de Goya. A estrutura é A-B-A-B-AA-Coda, onde o A é o scherzo propiamente dito e as B son tríos que complementan o movemento.

Tradicionalmente o scherzo era o terceiro movemento das sinfonías, e o movemento lento (adagio) o segundo. Neste caso Mahler inverte as posicións.

A diferenza dos scherzos clásicos que tiñan aire de broma ou parodia, os scherzos románticos son lúgubres e escuros. Bos exemplos son os scherzos de Brahms ou Chopin. Mahler, seguindo a tendencia da época presenta un scherzo desasosegante. Este desasosego é transmitido por uns acordes que non paran de escoitarse e pola repetición obsesiva dos acordes. Ademais a instrumentación axuda a acadar esta atmosfera; así empréganse trompas e violíns (para imitar berros), os trilos dos instrumentos de madeira (símbolo de burla), o tam-tam (símbolo da morte), os clarinetes (nun tempo fortississimo suxerindo ridiculez ou absurdo) e as frautas e as cordas (recreando risos sinistros). Finalmente, a harmonía e irregular e disonante, facendo que o oínte non poida apreciar patróns no desenvolvemento musical. O significado semántico do scherzo parece situarse no terreo metafísico, mostrando unha obsesión coa morte e a relación tensa e complexa entre o autor e o mundo. A este scherzo de Mahler téñenselle atopado similitudes no ton e na intención cos Kindertotenlieder ou, na ambientación, cos augafortes de Goya.

Andante moderato miniatura|esquerda|Extracto da partitura da Sinfonía Nº6. Pasaxe chea de ambigüidade e ironía. Ten unha estrutura moi semellante á do scherzo: A1-B1-A2-B2-A3. Mais aquí as partes B teñen un carácter desenvolvedor de A. A melodía, ó comezo, é simple, como indicando intimidade. Posteriormente sobe disonantemente interrompido o ritmo de maneira agresiva, desembocando finalmente nuns acordes moi lentos. O andante complementa a visión dos movementos anteriores. Ó principio parece triunfar un motivo lírico que asemella asimilar todas as tensión anteriores e transcendelas. Porén, a firmeza do lirismo exposto e os diversos saltos en ritmo e tonalidades parecen mostrar un escepticismo sobre a posibilidade de acadar tal transcendencia.

Finale É o movemento de maior duración e pecha e condensa todas as partes anteriores. Formalmente trátase dunha sonata clásica, mais Mahler desenvolve todos os temas anteriormente mostrados, combinándoos nun ritmo e desenvolvemento que formalmente non son lóxicos.

Nesta parte introdúcense os martelos, que Mahler coñecía ben do teatro e que el introduce na linguaxe sinfónica. O martelo xa se empregaba na ópera para facer referencia a elementos da narración dramática. Como exemplo pódese citar Das Rheingold (O ouro do Rhin) de Wagner, Il trovatore (O trobador) de Verdi ou o Benvenuto Cellini (Benvido Cellini) de Berlioz. Porén, Mahler emprega os martelos dun xeito metafórico, para simbolizar os golpes do destino sobre o home ou o artista, que finalmente é derrubado.

En xeral o ambiente deste movemento é dunha densidade inabarcable para o oínte. Ademais, son frecuentes os colapsos, moi característicos na linguaxe musical de Mahler: momentos nos que o ritmo e os acordes musicais chegan a unha catarse, e derrúbanse creando unha atmosfera pesimista e de mal agoiro.

Véxase tamén

Bibliografía Grimalt, Joan. La música de Gustav Mahler: Una guia d'audició''. Editorial Duxelm, 2013. [ISBN 9788493965082] .

Categoría:Sinfonías de Gustav Mahler