miniatura|240px|Platichthys flesus. miniatura|240px|Platichthys flesus, xuvenil.
Platichthys flesus Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Platichthys,Platichthys flesus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. coñecida en galego como solla,Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 300-301. e tamén como platuxa das pedras,Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82. que vive nas costas do Atlántico, sobre fondos areosos ou fangosos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até noroeste de África e no Mediterráneo, até o mar Negro.Muus, Bent J. et al (1998), pp. 268-260.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
Taxonomía A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Pleuronectes flesus.<ref>Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae.</ref>
Sinonimia Ao longo da historia foi coñecida polos seguintes sinónimos: Flesus vulgaris Moreau, 1881 Platessa carnaria Brown, 1830 Platessa glabra Rathke, 1837 Platichthys flesus bogdanovi (Sandeberg, 1878) Platichthys flesus flesus (Linnaeus, 1758) Platichthys flesus luscus (Pallas, 1814) Platichthys flesus marmorata Nordmann, 1840 Platichthys flesus trachurus (Duncker, 1892) Pleuronectes bogdanovii Sandeberg, 1878 Pleuronectes flesoides Pontoppidan, 1766 Pleuronectes flesus Linnaeus, 1758 (nome orixinal) Pleuronectes flesus baltica Suvorov, 1925 Pleuronectes flesus caninensis Suvorov, 1929 Pleuronectes flesus leiurus Duncker, 1892 Pleuronectes flesus luscus Pallas, 1814 Pleuronectes flesus septentrionalis Berg, 1949 Pleuronectes flesus septentrionalis Surorov, 1925 Pleuronectes flesus trachurus Duncker, 1892 Pleuronectes italicus Günther, 1862 Pleuronectes luscus Pallas, 1814 Pleuronectes passer Linnaeus, 1758 Pleuronectes roseus Shaw, 1796
Características miniatura|240px|Ilustración das caras cega e pigmentada de Platichthys flesus na obra de Marcus Eliser Bloch Ichtyologie ou histoire naturelle générale et particulière des Poissons (1785-1797). miniatura|240px|Individuo novo.
Os principais caracteres morfolóxicos desta especie son: Corpo de forma oval, coa pel con verrugas óseas ao longo da liña lateral. Así mesmo pesenta escamas rugosas na base das aletas dorsal e anal. Pode chegar até case os 60 cm de lonxitude como máximo, e máis dos 2,5 kg de peso, aínda que raramente se capturan espécimes de máis de 40 cm de longo e 1 kg de peso. A boca é pequena, con dentes cónicos fortes nas placas farínxeas, que son óseas e cortantes. A aleta dorsal comeza á altura do ollo superior, e a anal detrás da base da aleta pectoral. Os raios centrais de ambas as dúas aletas son de maior tamaño que as demais, o que lle dá ao corpo do peixe unha foma romboidal. A aleta audal é grande, co bordo posterior truncado ou arredondado. A coloración da cara pigmentada é apardazada ou verdosa, con manchas irregulares claras e escuras. Como particularidade desta especie, habitualmente ten os ollos no lado dereito, pero nalgunhas partes da súa área de distribución máis dun terzo dos individuos téñenos no esquerdo.
Hábitat e bioloxía Esta especie vive preferentemente sobre fondos areosos de 20 a 40 m de profundidade. Soporta moi ben as diferenzas de salinidade, chagando a entrar en ocasións en zonas de auga doce. Aliméntase de puenos peixes, moluscos e crustáceos. Reprodúcese en primavera en zonas profundas e de alta salinidade.
Estado de conservación Segundo a UICN o status da especie na actualidade está cualificado como LC (pouco preocupante).Platichthys flesus na Lista vermella da UICN.
En Galicia A primeira cita en augas de Galicia débese a De Buen, en 1935, como Flesus flesus.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación)''. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos
Ligazóns externas Platichthys flesus (Linnaeus, 1758) en FishBase . Informacións, imaxes e mapa de distibución. Platichthys flesus en ADW. Platichthys flesus no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes de Europa