Julius "Jules" Dassin, nado en Middleton (Connecticut) o 18 de decembro de 1918 e finado en Atenas (Grecia) o 31 de marzo de 2008 foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Dassin foi un dos oito fillos do barbeiro Samuel Dassin e Berthe Vogel. A súa familia era xudía de orixe rusa. Creceu en Harlem e estudou no instituto no Bronx. Na década de 1930 uniuse ao Communist Party USA, mais abandonouno en 1939 tralo pacto entre Hitler e Stalin. Comezou coma actor na compañía ARTEF (Yiddish Proletarian Theater) de Nova York.

Dassin comezou a ser coñecido polos seus filmes de cinema negro Brute Force (1947), The Naked City (1948) e Thieves' Highway (1949), ue o converteron nun dos principais directores estadounidenses da posguerra.

En 1948 o produtor Darryl F. Zanuck chamou a Dassin para informalo que ía entrar na lista negra, pero que tiña tempo de facer un filme para a Fox.Cineaste, Dan Georgakas, primavera 2007, p.72 Entrou finalmente durante a produción de Night and the City en 1950 e non se lle permitiu montar nin supervisar a banda sonora do filme. Tamén tivo problemas para atopar traballo no estranxeiro, porque as compañías evitaban a distribución destes filmes en Europa. En 1952 a actriz Bette Davis contratouno para dirixila na súa obra Two's Company. O espectáculo pechou axiña e Dassin marchou a Europa, sen traballar coma director ata que chegou a produción francesa Du Rififi chez les hommes (1954). A maior parte da obra de Dassin nas décadas seguintes foron producións europeas.

En 1955 coñeceu a actriz Melina Mercouri no Festival de Cannes e nesa época descubriu a obra literaria de Nikos Kazantzakis. Estes dous elementos ligárono a Grecia. En 1962 divorciouse da súa primeira esposa e casou co Mercouri, matrimonio que durou ata a morte dela. A parella tivo que abandonar Grecia tralo golpe dos coroneis en 1967. Viviron entón en Nova York ata a caída da ditadura en 1974 cando volveron ao país. A súa prolífica carreira en Europa e a súa relación con Grecia, combinado coa pronuncia habitual do seu apelido en Europa, "Da-SAN", en lugar de "DASS-in", como se pronunciaba nos Estados Unidos, levou ao feito común de consideralo un director europeo.

Foi un dos grandes impulsores do regreso dos mármores de Elgin a Grecia, para o que creou a Institución Melina Mercouri na súa lembranza. Faleceu en 2008 por complicacións da gripe.

Filmografía AnoFilmeAcreditado como Director Produtor Guionista Actor Personaxe 1941 The Tell-Tale Heart 1942 Nazi Agent The Affairs of Martha Reunion in France 1943 Young Ideas 1944 The Canterville Ghost 1946 Two Smart People A Letter for Evie 1947 Brute Force 1948 The Naked City 1949 Thieves' Highway 1950 Night and the City 1955 Du Rififi chez les hommes César le Milanais 1957 Celui qui doit mourir 1959 La legge 1960 Never on Sunday Homer Thrace 1962 Phaedra Christo 1964 Topkapi Turkish cop 1966 10:30 P.M. Summer 1968 Hamilchama al hashalom Uptight 1970 La Promesse de l'aube Ivan Mozzhukhin 1974 I Dokimi 1978 Kravgi gynaikon 1980 Círculo de dous

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Fotografías da familia Dassin Jules Dassin en The New York Times Movies Obituario en New York Times Obituario

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema de Grecia Categoría:Nados no condado de Middlesex, Connecticut Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Finados por gripe Categoría:Lista negra de Hollywood