Aciclovir é a Denominación común internacional (DCI) dun fármaco antiviral análogo da guanosina. Utilízase principalmente para tratar infeccións polo virus herpes simplex, a varicela e o herpes zóster. Outros usos son a prevención de infeccións por citomegalovirus despois dun transplante e de infeccións debidas ao virus de Epstein-Barr (mononucleose infecciosa). Este fármaco impide a replicación viral ao interferir coa síntese de ADN viral, diminuíndo a extensión e duración da doenza.

Entre os efectos lateriais graves deste medicamento están a disfunción renal e a diminución das plaquetas. Entre os efectos laterias comúns están náuseas e diarreas. Recoméndase especial coidado no uso deste fármaco ás persoas cunha función hepática ou renal deficiente. O aciclovir considérase seguro para usalo durante o embarazo.

É unha das medicinas incluídas na Lista de medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, na que se inclúen as medicinas máis importantes necesarias nun sistema sanitario. Comercialízase con nomes de marca como Cyclovir e Zovirax entre outros. O nome químico do produto é acicloguanosina (ACV).

Aplicacións médicas

miniatura|Pílulas de 400 mg de aciclovir.

O aciclovir úsase para o tratamento das infeccións polo virus herpes simplex e polo virus varicela zóster, entre o que se inclúe as seguintes aplicacións: Herpes simplex xenital (tratamento e prevención) Herpes simplex labial (ampolas labiais) Herpes zóster Varicela aguda en pacientes con inmunodeficiencia Encefalite por herpes simplex Infección por HSV mucocutáneas agudas en pacientes inmunocomprometidos Herpes ocular e blefarite por herpes simplex (unha forma crónica de infección herpética ocular) Prevención de infeccións pr virus herpes en persoas inmunocomprometidas (como en persoas sometidas a quimioterapia contra o cancro)

Porén, o aciclovir oral non parece que faga descender o risco de sufrir dores no herpes zóster. Nas persoas con herpes ocular, o aciclovir é máis efectivo que a idoxuridina ou vidarabina no número relativo de casos de éxito na curación dos ollos.

O aciclovir intravenoso é efectivo para tratar condicións médicas graves causadas por diferentes especies de virus da familia dos herpes, incluíndo os que causan infeccións locais localizadas por virus herpes, herpes xenital grave, varicela e encefalite. Tamén é efectivo en infeccións herpéticas sistémicas ou traumáticas, eccema herpético e meninxite por herpes simplex. As revisións dos datos das investigacións realizadas desde a década de 1980 indican que ten certo efecto en reducir a cantidade e duración de lesións sempre que o aciclovir se aplique nun estadio inicial dun gromo. – Editorial Investigacións recentes atoparon que o aciclovir tópico é efectivo nos estadios inicial e final do gromo e melloraron a certeza estatística e a metodoloxía con respecto a estudos previos.http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC127288/ Os ensaios co aciclovir indican que este axente non serve para a prevención da transmisión do VIH, pero pode axudar a facer máis lenta a progresión da infección por VIH en persoas que non están seguindo a terapia antirretroviral habitual. Este descubrimento enfatiza a importancia de comprobar estratexias simples e baratas distintas da terapia antirretroviral habitual, como pode ser o propio aciclovir e o cotrimoxazol, en persoas infectadas polo VIH.

Embarazo Os CDC dos Estados Unidos e outras institucións declararon que se pode utilizar o aciclovir durante o embarazo para tratar episodios iniciais ou recorrentes graves de herpes xenital.GlaxoSmithKline. Zovirax® (acyclovir) capsules, tablets, and suspension prescribing information. Research Triangle Park, NC; 2005 Jun Do mesmo modo, tamén se pode utilizar o aciclovir por vía IV en infeccións graves por HSV (especialmente HSV diseminado).Centers for Disease Control and Prevention. Treating opportunistic infections among HIV-infected adults and adolescents: recommendations from CDC, the National Institutes of Health, and the HIV Medicine Association/Infectious Diseases Society of America. MMWR Recomm Rep. 2004; 53(RR-15):1-112. [Fulltext MMWR] Os estudos feitos en ratos, coellos e ratas sobre a administración de aciclovir (con doses de máis de 10 veces o equivalente do que se usa en humanos) durante a organoxénese non puideron demostrar que se produciran defectos de nacemento. Os estudos feitos en ratas nos cales se lles deu o equivalente de 63 veces as concentracións humanas en estado estacionario estándar do fármacoSuxeito ás mesmas condicións que antes. no día 10 da xestación mostraron que se producían anomalías no rabo e cabeza.

O aciclovir é recomendado pola CDC para o tratamento da varicela durante o embarazo, especialmente durante o segundo e terceiro trimestres.Centers for Disease Control and Prevention. Epidemiology and prevention of vaccine-preventable diseases. 9th ed. Public Health Foundation; 2006 Jan:171-92

O aciclovir excrétase no leite humano, polo que se recomenda precaución nas mulleres que están a dar o peito. En estudos limitados observouse que os nenos lactantes están expostos a aproximadamente un 0,3 mg/kg/día cando se lle administra oralmente o aciclovir á nai. Se as nais que están a dar o peito teñen lesións herpéticas preto da mama, debería evitarse dar o peito.Gartner LM, Morton J, Lawrence RA, et al, "Breastfeeding and the Use of Human Milk," Pediatrics, 2005, 115(2):496-506

Efectos adversos

Terapia sistémica As reaccións adversas comúns (≥1% dos pacientes) asociadas coa terapia con aciclovir sistémico (oral ou IV) inclúen: náusea, vómito, diarrea, encefalopatía (só por vía IV), reaccións no sitio de inxección (só con IV) e dor de cabeza. En doses altas hai informes de alucinacións. Efectos adversos infrecuentes (0,1–1% dos pacientes) son: axitación, vertixe, confusión, mareos, edema, dores articulares, dor de gorxa, estrinximento, dor abdominal, perda de pelo, erupcións cutáneas e debilidade. Os efectos adversos raros (<0,1% dos pacientes) inclúen: coma, ataque epiléptico, neutropenia, leucopenia, cristaluria, anorexia, fatiga, hepatite, síndrome de Stevens–Johnson, necrólise epidérmica tóxica, púrpura trombocitopénica trombótica (plaquetas baixas e trastornos na coagulación) e anafilaxe.

O aciclovir intravenoso pode causar nefrotoxicidade reversible ata o 5% a 10% dos pacientes debido á precipitación de cristais de aciclovir nos riles. A nefropatía cristalina por aciclovir é máis común cando o aciclovir se administra como unha infusión rápida e en pacientes con deshidratación e deficiencias renais previas. Pode reducirse este risco cunha hidratación axeitada, unha velocidade máis lenta de infusión, e unha dosificación baseada no funcionamento renal.

Terapia tópica As cremas tópicas de aciclovir asócianse comunmente (≥1% dos pacientes) con: pel seca ou descamada ou sensacións transitorias punzantes/queimuras na pel. Efectos adversos infrecuentes son o eritema ou proído. Cando se aplica no ollo, o aciclovir está asociado comunmente (≥1% dos pacientes) con sensación transitoria de punzadas suaves. Infrecuentemente (0,1–1% dos pacientes), o aciclovir oftálmico está asociado con queratite papuloide superficial ou reaccións alérxicas.

Interaccións con fármacos Ketoconazole: Estudos de replicación viral in vitro atoparon unha actividade antiviral dependente de dose sinérxica contra o HSV-1 e HSV-2 cando se administra ketoconazole con aciclovir. Porén, este efecto non foi clinicamente establecido e necesítanse máis estudos para avaliar o verdadeiro potencial desta sinerxia entre estes dous fármacos.

Probenecid: Hai informes dun incremento da vida media do aciclovir, xunto cunha diminución da excreción urinaria e a eliminación renal en estudos nos que se administraron simultaneamente probenecid e aciclovir.

Interferón: Hai efectos sinérxicos cando se administra con aciclovir e debería terse precuación cando se administra aciclovir a pacientes que reciben interferón por vía IV.GlaxoSmithKline. Zovirax® (acyclovir sodium) for injection prescribing information. Research Triangle Park, NC; 2003 Nov

Zidovudina: Aínda que se administra con frecuencia xunto con aciclovir a pacientes co VIH, atopouse neurotoxicidade en polo menos un paciente que presentaba extrema somnolencia e atonía de 30 a 60 días despois de recibir aciclovir por vía IV; os síntomas desapareceron cando se interrompeu a medicación con aciclovir.

Detección en fluídos biolóxicos O aciclovir pode ser cuantificado no plasma ou soro para monitorizar a acumulación de drogas en pacientes con disfunción renal ou para confirmar unha diagnose de envelenamento en vítimas de sobredose aguda.

Mecanismo de acción 200px|miniatura|esquerda|Comparación entre as estruturas da guanosina e o aciclovir.

O aciclovir é convertido pola timidina quinase viral en aciclovir monofosfato, o cal é despois convertido polas quinases da célula hóspede en aciclovir trifosfato (ACV-TP). O ACV-TP, á súa vez, inhibe competitivamente e inactiva as ADN polimerases especificadas polo HSV, impedindo a síntese viral de ADN sen afectar aos procesos celulares normais.

Microbioloxía O aciclovir é activo contra a maioría das especies da familia dos herpesvirus. En orde descendente de actividade teriamos: Vrus herpes simplex tipo I (HSV-1) Virus herpes simplex tipo II (HSV-2) Virus varicela zóster (VZV) Virus de Epstein-Barr (EBV) Citomegalovirus (CMV) – a menor actividade

Resistencia A resistencia ao aciclovir é rara, pero é máis común en pacientes sometidos a unha profilaxe antiviral crónica (receptores de transplantes, persoas con SIDA debido á infección polo VIH). Os mecanismos de resistencia no HSV inclúen unha timidina quinase viral deficiente; mutacións na timidina quinase viral ou na ADN polimerase, que alteran a sensibilidade polo substrato.

Farmacocinética En canto á súa farmacocinética, o aciclovir é moi pouco hidrosoluble e ten unha mala biodispoñibilidade oral (15–30%), polo que a administración intravenosa é necesaria se se requiren altas concentracións. Cando se administra oralmente, o pico de concentración no plasma aparece unhas 1 ou 2 horas despois. O aciclovir ten unha alta velocidade de distribución; a unión a proteínas vai do 9 ao 33%. A vida media de eliminación (t1/2) do aciclovir depende do grupo de idade; os neonatos teñen unha t1/2 de 4 horas, os nenos de 1 a 12 anos teñen unha t1/2 de 2 a 3 horas, mentres que os adultos teñen unha t1/2 de 3 horas.

Historia O aciclovir considerouse o comezo dunha nova era na terapia antiviral, xa que é extremadamente selectivo e de baixa citotoxicidade. Desde o seu descubrimento a mediados da década de 1970, foi usado como un fármaco efectivo para o tratamento de infeccións de herpesvirus. A base para a síntese do aciclovir foron os nucleósidos illados da esponxa do Caribe Cryptotethya crypta. Foi codescuberto por Howard Schaffer, Robert Vince, S. Bittner e S. Gurwara que traballaron sobre o análogo da adenosina acicloadenosina, que mostraba unha prometedora actividade antiviral. Despois, Schaffer traballou para a compañía Burroughs Wellcome e continuou o desenvolvemento do aciclovir con Gertrude B. Elion. En 1979 rexistrouse unha patente nos Estados Unidos sobre o aciclovir no que Schaffer figura como inventor.

Posteriormente, Vince seguiu os traballos inventando o abacavir, un fármaco análogo de nucleósido inhibidor da transcriptase inversa (nRTI) para pacientes de VIH.Vince, R. "A brief history of the development of Ziagen" Chemtracts 2008, 21, 127–134. Elion foi premiada co Premio Nobel de Medicina de 1988, en parte polo desenvolvemento do aciclovir. Richard Whitley, un investigador da Universidade de Alabama en Birmingham e pioneiro da terapia antiviral, foi o primeiro que utilizou con éxito o fármaco en humanos.

Nomes comerciais Entre os nomes de marca cos que se comercializa están: Cyclovir, Herpex, Acivir, Acivirax, Zovirax, Zoral, Xovir e Imavir.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Valaciclovir