miniatura|250px|dereita|Movemento rectilíneo uniforme. Representación gráfica da posición, velocidade e aceleración dun móbil en función do tempo. O movemento rectilíneo uniforme dun punto en relación a un referencial S ten lugar cando nese mesmo espazo o punto se move en liña recta con velocidade constante, é dicir, con aceleración nula.
En termos matemáticos, se for a posición do punto e o tempo:
ou
A distancia percorrida calcúlase multiplicando a magnitude da velocidade polo tempo transcorrido. Esta relación tamén é aplicable se a traxectoria non é rectilínea, con tal que a velocidade sexa constante.
A velocidade pode ser nula (repouso), positiva ou negativa. Polo tanto, o movemento pode ter dous sentidos; unha velocidade negativa representa un movemento en dirección contraria ao sentido que teñamos aceptado como positivo.
O MRU caracterízase por:
Movemento que se realiza sobre unha liña recta. Velocidade constante; implica magnitude e dirección constantes. Aceleración nula.
Ecuacións do movemento Sabemos que a velocidade é constante; isto significa que non existe aceleración.
Entón, a posición no instante vén dada por:
onde é a posición inicial.
Representación gráfica do MRU Na representación da gráfica da velocidade en función do tempo obtense unha recta paralela ás abscisas (tempo). Ademais, a área baixo a recta producida representa a distancia percorrida.
A representación gráfica da distancia andada en función do tempo dá lugar a unha recta que ten como pendente o valor da velocidade.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Cinemática Movemento rectilíneo Movemento rectilíneo uniformemente acelerado
Ligazóns externas Movemento rectilíneo uniforme
Categoría:Mecánica clásica Categoría:Movemento