Lluís Muncunill i Parellada, nado en Fonollosa (bisbarra do Bages) o 25 de febreiro de 1868, e finado en Terrassa o 25 de abril de 1931, foi un arquitecto modernista catalán. Desenvolveu a súa actividade principal en Terrassa, onde é un referente na aplicación do estilo modernista na arquitectura industrial. Entre 1892 e 1903 foi arquitecto municipal da cidade, sendo o máis prolífico que tivo Terrassa. A variedade construtiva permitiulle configurar a imaxe urbana da Terrassa modernista, recorrendo ó emprego de cubertas con bóveda catalá, ligadas con tirantes de ferro e termadas sobre piares de ferro fundido.

Véxase tamén

Outros artigos Masía Freixa Ligazóns externas MNACTEC: «Lluís Muncunill: Arquitectura per a la indústria»

Categoría:Arquitectos do Modernismo catalán Categoría:Nados en Fonollosa Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1931