Austroglossus microlepis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, unha das dúas que integran o xénero Austroglossus,Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) no WoRMS. coñecida en galego como linguado austral do oeste.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1863 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker, baixo o nome de Synaptura microlepis, sendo posteriormenre reclasificada dentro do xénero Austroglossus, que creara Regan en 1920.
Etimoloxía Xénero Véxase en Austroglossus. Especie O nome específico, microlepis deriva do elemento do grego antigo μικρο- micro-, de μικρόσ micrós, "pequeno", e do termo grego λεπίς lepís, "escama". Literalmente: "de escamas pequenas".
Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Austroglossus microlepis (Bleeker, 1863) en FishBase.
Corpo deprimido, ovalado, estraitándose cara ao pedúnculo caudal, de até os 75,0 cm de lonxitude como máximo, e os 4,0 kg de peso. Espiña dorsal formada por de 55 a 57 vértebras. As aletas dorsal e anal unidas á caudal. Aleta dorsal con de 82 a 100 raios (brandos), e a anal con de 65 a 78 raios (igualmente brandos). Aleta pectoral dereita (lado pigmentado) máis curta que a lonxitude da cabeza; a aleta pectoral esquerda (lado cego), está presente. Coloración, no lado pigmentado, parda escura, con pequenas manchas máis escuras e, ás veces, con bandas no corpo; a do lado cego é abracazada.
Hábitat e distribución É unha especie mariña, batidemersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 400 m. Distribúese polas costas de África do sur, entre os 17 °S e os 35 °S, desde o norte de Namibia até a Baía Falsa (False Bay).Baía situada entre a península do Cabo e o cabo Hangklip ou Punta Espiñosa. Suráfrica.
Bioloxía As larvas son peláxicas, mentres que os adultos viven cerca do fondo do mar. Os adultos aliméntanse de peixes, crustáceos, moluscos e vermes.
Pesca O linguado austral do oeste é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive (Atlántico suroriental).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, EUA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Soleidos Austroglossus
Ligazóns externas Austroglossus microlepis na Encyclopedia of Life Austroglossus microlepis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1863 Categoría:Produtos da pesca