Arnoglossus rueppelii é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos, coñecida en galego como rapapelos estreito.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1844 polo médico e ictiólogo italiano Anastasio Cocco, baixo o nome de Peloria rueppelii.Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) no WoRMS.

Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) en FishBase.Arnoglossus rueppelii en Encyclopedia of Life.

Corpo ovalado, esvelto, deprimido e moi delgado, de até os 15 cm de lonxitude como máximo. Ollos situados no lado esquerdo da cabeza, moi xuntos, e separados por unha crista ósea moi aparente. O ollo inferior está un pouco atrasado con respecto ao superior.

Hábitat, distribución e bioloxía É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 85 e os 550 m (máximo, 897 m), sobre fondos areosos e fangosos*.

Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 46° N e os 23° N, e entre os 20° W e os 35° E, desde o estreito de Xibraltar até o cabo Bojador (Sáhara Occidental) e as illas Canarias, cara ao leste, e o Mediterráneo, até o mar Negro, cara ao leste.Arnoglossus rueppelii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.

A desova prodúcese durante o outono, no Mediterráneo.

Pesca O rapapelos estreito é un peixe comestíbel, pescándose nas zonas onde vive.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou o status desta especie na actualidade (2015), como LC (pouco preocupante), debido a que está amplamente distribuída e non é moi interesante para a pesca comercial, aínda que se captura incidentalmente nalgunhas pescarías doutras especies. Ao igual que outros membros do seu xénero, é probábel que sexa relativamente común.

Ameazas Arnoglossus rueppelii captúrase nas actividades pesqueiras que operan no mar de Alborán, no Mediterráneo occidental (Abad et al. 2007).Abad E.; I. Preciado, A. Serrano & J. Baró (2007): "Demersal and epibenthic assemblages of trawlable grounds in the northern Alboran Sea (western Mediterranean)". Scientia Marina 71 (3): 513-524. Neste estudo comprobouse que constituía unha porción relativamente pequena das capturas. A pescaincidental desta especie é pouco probábel que sexa unha grande ameaza para a súa supervivencia. Debido a que habita en augas profundas é pouco probábel que sexa afectada pola contaminación e o desenvolvemento costeiro.

Parasitos Esta especie é atacada, entre outros, por parasitos das seguintes familias:

Anisakidae Ascarididea Derogenidae Hemiuridae Raphidascarididae

Notas

Véxase tamén Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1027-1036. Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos Arnoglossus

Ligazóns externas Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) en FishBase . Arnoglossus rueppelii en Encyclopedia of Life. Arnoglossus rueppelii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1844