Symphurus nigrescens é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos sinfurinos, coñecida en galego como lingua escura.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.Symphurus nigrescens Rafinesque, 1810 no WoRMS. Sinónimos Ao longo do tempo, esta especie foi coñecida, ademais de polo nome orixinario que lle outorgou Rafinesque, e que é o actualmente válido, polos seguintes sinónimos:

Ammopleurops lacteus (Bonaparte, 1833) Plagusia lactea Bonaparte, 1833

Características As principais características morfolóxicas da especie son:Symphurus nigrescens Rafinesque, 1810 en FishBase.

Corpo ovalado, deprimido, de até os 12 cm como máximo. Este corpo, como en todos os peixes planos, é asimétrico, cos ollos situados nun só lado, o lado ocular ou pigmentado (que, neste caso, como en todos os Symphurus é o esquerdo), mentres que o outro lado é despigmentado (lado cego). Os ollos son pequenos e están moi próximos un do outro. O corpo é bastante ancho na parte central, pero rapidamente vaise estreitando cara á parte posterior. As aletas dorsal e anal están fusionadas coa caudal, como entoas as especies do xénero. Así mesmo, como as aletas pectorais están ausentes, o mesmo que a liña lateral. A aleta dorsal ten un máximo de 90 raios. As escamas son pequenas e caen facilmente.

Hábitat e distribución Hábitat É unha especie mariña, bentónica, demersal, que vive en fondos areosos e lamacentos da plataforma e o talude continentais de entre os 20 aos 1140 m de profundidade (aínda que non adoita superar os 300 m, nin remontarse a máis de 50 m de profundidade.Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 318-319.

Distribución Habita en augas tropicaise subtropicais do océano Atlántico oriental, desde os 45° N aos 17°S, e dos 32 °W aos 36° E, desde Galicia e Portugal até Angola, incluíndo as illas Azores, Santa Helena e da Ascensión, e no mar Mediterráneo, onde non é moi común.

Bioloxía Nutrición Aliméntase dunha ampla gama de invertebrados bentónicos.

Reprodución A freza ten lugar en primavera e o verán, entre os meses de abril e agosto.

Pesca A lingua escura é un peixe comestíbel e, aínda que de escaso valor económico, péscase nas zonas onte habita.

En Galicia A presenza da especie foi citada en 1983 por A. C. Fariña e outros en fondos da plataforma continental inferiores aos 200 m, desde Fisterra até a Estaca de Bares, no traballo "Peces de los fondos de arrastre de la plataforma continental de Galicia". II Jornadas de Ictiología Ibérica, Barcelona, 23-28 de maio de 1983.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1050-1054. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Cinoglósidos

Ligazóns externas Symphurus nigrescens en Encyclopedia of Life. Symphurus nigrescens Rafinesque, 1810 no ITIS. Symphurus nigrescens en ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1810