250px|miniatura|Vista aérea de Mendizorrotza. Mendizorrotza é un barrio da cidade de Vitoria, no País Vasco. A súa poboación en 2010 era de 4.799 habitantes.
A súa tradución aproximada do éuscaro sería a de «monte afiado» ou «o pico do monte». Coñécese tamén como El Batán, polo río homónimo que pasa polo barrio. A súa arteria principal é a rúa Salbaterrabide (camiño de Salvatierra).
Nel atópanse o palacio de Ajuria Enea, residencia oficial do lehendakari do Goberno Vasco, e o estadio de Mendizorrotza, onde xoga os seus partidos o Deportivo Alavés. Outros lugares e edificios destacados son os montes Mendizabala e Mendizorrotza, o instituto Mendizabala e a escola oficial de idiomas.
Notas
Categoría:Barrios de Vitoria