Eduardo Manuel Matamoro Irago, comunmente citado como Din Matamoro, nado en Vigo no 1958, é un pintor galego.

Traxectoria Na primeira metade dos anos 80 chamaba a atención pola facilidade dos seus debuxos, dominados por un carácter expresivo e un gran sentido do ritmo. Despois foron cadros onde a materia amoreábase creando diferentes capas que se superpoñían. Estancias en Nova York e Roma introduciron conceptos novos: unha visión irónica do seu oficio, unha valoración do fragmentario e iconas próximas á banda deseñada.

Tamén ten realizado serigrafías, coma no conto Carmiña de Manuel Rivas ou ilustracións para diversos libros, coma por exemplo Feliz idade da poeta Olga Novo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia. Ligazóns externas

A súa páxina persoal

Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1958 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid