, nado como preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés do período Edo, coñecido principalmente polo xénero de poemas curtos chamados haiku. Tamén é coñecido como .

Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa haikai no renga; hoxe, é considerado un gran mestre do haiku (daquela chamado hokku). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no renku. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in Journal of Renga & Renku, Issue 2, 2012. p7

Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de Edo (moderna Tokyo), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.

Traxectoria miniatura|Suposto lugar de nacemento de Bashō, na Provincia de Iga. Bashō naceu en 1644, preto de Ueno, na Provincia de Iga.Kokusai 1948, p. 246. O seu pai era un samurai de baixo rango, que lle asegurou a Bashō un porvir no mundo militar, pero non a oportunidade dunha vida notable. Os biógrafos din que traballou nas cociñas.Carter 1997, p. 62 Aínda neno (9 anos), Bashō converteuse en servente de , con quen compartía o amor polo haikai no renga, unha forma de composición poética colaborativa.Ueda 1982, p.20 En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.

En 1666, coa morte do xove amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual Tokyo), en 1672, Bashō edita unha antoloxía, Kai Ooi, que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).

Bashō, após a publicación de Minashiguri, antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, No vello tanque, e tamén o seu libro mais famoso, Sendas de Oku.Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 días, percorridos a pé.

Xaponés Transliteración TraduciónExisten moitas traducións amplamente diferentes deste poema, o significado literal é o que se transcribe, a segunda palabra, ike, pode tamén traducirse por pequeno lago, poza 古池や 蛙飛びこむ 水の音Furu ike ya   kawazu tobikomu   Mizu no oto  Nun vello tanque   Salta unha rá   Ruído da auga  

Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, (Kiushu). O seu último haiku fala da súa xornada poética:

Xaponés Transliteración Tradución旅に病で 夢は枯野を かけ廻るtabi ni yande   yume wa kareno wo   kakemeguru  Doente na viaxe   paséome en soños   por campos murchos  

Os círculos literarios de Nihonbashi rapidamente recoñeceron o valor da poesía de Bashō polo seu estilo sinxelo e natural. En 1674 pasou a formar parte do círculo interno de profesionais do Haikai e, secretamente, recibiu ensinanzas de Kitamura Kigin (1624-1705).Carter 1997, p. 62. Naquela época escribio este hokku en homenaxe ó shōgun Tokugawa:

miniatura|Un bananeiro, en xaponés Bashō, planta que amaba e inspirou o seu último tengo, o nome artístico do poeta .

Adoptou un novo tengo, Tosei, e no 1680 xa se adicaba ó oficio de poeta a tempo completo, sendo mestre de vinte discípulos, entre os que destaca Naitō Jōsō. O mesmo ano publicouse Tosei-Montei Dokugin-Nijukasen(桃青门弟独吟二十歌仙), unha obra cos mellores poemas de Tosei e dos seus vinte discípulos, que amosaba o talento do artista. No inverno de 1680, tomou a sorprendente decisión de pasar ó outro lado do río, en Fukagawa, lonxe da xente e escollendo unha vida máis solitaria.Carter 1997, p. 57 Os seus discípulos construíronlle unha cabana rústica e plantáronlle un bananeiro (芭蕉, bashō) no patio, dando un novo tengo ó poeta que a partir dese momento chamaríase Bashō, e o seu primeiro fogar permanente. Amaba moito á planta, e molestáballe moito ver medrar plantas do xénero Miscanthus , unha Poaceae típica de Fukagawa, ó redor do seu bananeiro. Escribiu:

A pesar do seu éxito, vivía insatisfeito e solitario. Comezou a practicar a meditación zen, pero non parece que lograra recuperar a tranquilidade de espírito.Ueda 1982, p. 25. No inverno de 1682 incendiouse a súa cabana e, pouco despois, a comezos de 1683, a súa nai morreu. Con todos estes acontecementos, viaxou a Yamura para quedar en casa dun amigo. O inverno de 1683 os seus discípulos regaláronlle unha segunda cabana en Edo, pero o seu estado de ánimo non mellorou. En 1684, o seu discípulo Takarai Kikaku publicou unha recompilación de poemas seus e outros poetas, Minashiguri(虚栗), Castañas arrugadas.Kokusai 1948, p. 247 Máis tarde, ese mesmo ano, deixou Edo para realizar o primeiro dos seus catro grandes viaxes.Ueda 1992, p. 95.

Estilo Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50

"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"

"Non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron""Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)

Xa en vida foi un autor moi popular e o seu prestixio foi aumentando co tempo (no 1793 foi deificado) non sendo até o século XIX que comezaron a aparecer algunhas críticas ao seu estilo.

Obras miniatura|Monumento cun poema de Bashō, en Yokkaichi (Mie). Kaio (1672) Minashiguri (1683) Nozarashi Kiko (1684) Fuyu no Hi (1684) Haru no Hi (1686) Kashima Kiko (1687) No Kobumi de Verdad, ou Utatsu Kiko (1688) Kiko Sarashina (1688) Arano (1689) Hisago (1689) Sarumino (1689) Saga Nikki (1691) Basho no Utsusu kotoba (1691) Heiko no Setsu (1692) Sumidawara (1694) Betsuzashiki (1694) Oku no Hosomichi (1694) Zoku Sarumino (1698)

Oku no hosomichi (Sendas de Oku) é un libro de viaxes, que en cada páxina contén un pequeno relato en prosa e un haiku inspirado por el. Algúns dos seus haikus foron traducidos ao galego na recompilación 77 haikus, de Consuelo García Devesa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Varios poemas de Bashō, orixinal e tradución ó inglés. Comparación das traducións de R. H. Blyth, Lucien Stryck e Peter Beilenson dos haikus de Bashō. Traducións do renku de Bashō e dos seus discípulos, por Sean Price. Viaxes de Matsuo Bashō pa ora Oku no Hosomichi. Fotografía de Mike Yamashita. Viaxe interactiva seguindo os pasos de Basho. A translation by Nobuyuki Yuasa of an important manuscript by Takarai Kikaku, also known as Shinshi, one of Bashō’s followers.

bashoDB

Categoría:Poetas do Xapón Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Mie Categoría:Nados en 1644 Categoría:Finados en 1694 Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Biografías)