Rainer Maria Woelki, nado o 18 de agosto de 1956 en Colonia, é un eclesiástico católico latino, cardeal dende 2012 e arcebispo metropolitano de Colonia dende 2014.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Colonia o 14 de xuño de 1985 polo arcbispo Joseph Höffner.

O 24 de febreiro de 2003 foi nomeado bispo auxiliar de Colonia. Recibiu a ordenación episcopal o 30 de marzo de mans do cardeal Joachim Meisner.

O 2 de xullo de 2011 foi nomeado arcebispo de Berlín. O papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni Maria Vianney no consistorio do 18 de febreiro de 2012.

O 11 de xullo de 2014 foi nomeado arcebispo de Colonia.

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Colonia Categoría:Arcebispos católicos de Alemaña Categoría:Cardeais de Alemaña Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Alumnos da Universidade de Bonn Categoría:Alumnos da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Membros da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia da Santa Cruz