Syacium micrurum é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,Syacium micrurum Ranzani, 1842 en FishBase. coñecida en galego como rapapelos de escamas pequenas ou rascón de escamas pequenas.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1842 polo naturalista italiano Camillo Ranzani. Sinónimos Ademais do nome que lle deu Ranzani, e que é o actualmente válido, ao longo do tempo a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:Syacium micrurum Ranzani, 1842 no WoRMS.

Citharichthys aethalion Jordan, 1886 Citharichthys ocellatus (Poey, 1860) Hemirhombus aethalion (Jordan, 1886) Hemirhombus aramaca Günther, 1862 Hemirhombus micrurus (Ranzani, 1842) Hemirhombus ocellatus (Poey, 1860) Hippoglossus ocellatus Poey, 1860

Características As principis características deste peixe son: É un peixe plano mariño, demersal, de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até 40 cm de lonxitude e 500 g de peso como máximo (aínda que a maioría dos espécimes apañados roldan os 20 cm). A aleta dorsal ten de 83 a 92 raios, e a anal, de 64 a 74. Nos machos, o 1º e o 2º raios da aleta pectoral son filamentosos. A coloración do lado pigmentado é apardazada uniforme, máis ou menos clara.

Hábitat, distribución e bioloxía Trátase dun peixe mariño, batipeláxico, que habita a profundidades de entre 1 e 412 m, sobre fondos de grava, lama ou area da plataforma continental, no Atlántico occidental, entre os 30° N e os 23° S, desde o Canadá até a Florida (Estados Unidos) e, por Suramérica, até São Paulo (Brasil). O rexistros de Syacium micrurum no Atlántico oriental corresponden realmente á especie Syacium guineensis (Bleeker, 1862).

Aliméntase de vermes e crustáceos.

Pesca Captúrase nas zonas onde habita.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Cabanban, A.; E. Capuli, R. Froese and D. Pauly (1996): An annotated checklist of Philippine flatfishes: ecological implications. Presented at the Third International Symposium on Flatfish Ecology, 2-8 de novembro de 1996, Netherlands Institute for Sea Research (NIOZ), Texel, The Netherlands. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, Murakami, T. and K. Amaoka (1992): "Review of the genus Syacium (Paralichthyidae) with the description of a new species from Ecuador and Columbia". Bull. Fac. Fish. Hokkaido Univ. 43 (2): 61-95. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos Syacium

Ligazóns externas Syacium micrurum na EOL. Con informacións, imaxes e mapas de distribución .

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1842 Categoría:Produtos da pesca