Ricardo Sánchez Oroza, nado en Buenos Aires en 1957 e finado na Coruña o 9 de novembro de 2019, foi un arquitecto e político galego.
Traxectoria Comezou en 1973 os estudos de Aquitectura na Escola de Arquitectura da Coruña e, no curso seguinte, tivo que marchar coa súa familia a Arxentina onde rematou a carreira.
Mestrado en urbanismo e territorio, dirixiu un estudo de arquitectura e urbanismo. Iniciou a súa carreira política no PSdeG, e nas eleccións municipais de 2011 foi elixido concelleiro. Despois abandonou o partido, e creou unha candidatura baixo as siglas de Compromiso por Galicia.
O proxecto dunha macrourbanización pola construtora Fadesa estivo moi presente na campaña electoral de 2015. Así, as municipais de 2015 foron as primeiras gañadas pola esquerda no concello de Miño, co PSdeG-PSOE como partido máis votado, aínda que empatado a concelleiros co PP que perdeu a maioría absoluta anterior. Sánchez Oroza que encabezou a candidatura de Compromiso por Galicia e foi elixido único concelleiro de CxG co 6,81% dos votos, converteuse en alcalde grazas ao voto dos seis edís do PPdeG. A seguir, o 17 de xuño do 2015 o partido desvinculouse da súa candidatura. O 20 de xaneiro de 2016 anunciou un pacto de goberno co PP despois de presentarse ás eleccións coa promesa de "desafiuzar ao PP do Concello".
Nas municipais de 2019 presentouse polo partido Xuntos por Miño e non acadou representación.
En febreiro de 2018, foille diagnosticado un cancro.
Vida persoal
Casou con Patricia Maggiora e foi pai de Santiago, Javier e Camila Sánchez Maggiora. Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Miño
Categoría:Alcaldes de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia por CxG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes