Cynoglossus cadenati é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,Cynoglossus senegalensis (Kaup, 1858) no WoRMS. coñecido en galego como lingua de can do Senegal.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.

Taxonomía A especie foi descrita en 1858 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup, co nome de Arelia senegalensis.

Sinónimos Ao longo do tempo foi coñecida, adem ais polo nome orixinario que lle puxo Kaup, tamén polos sinónimos: Cynoglossus goreensis Steindachner, 1882 Cynoglossus guineensis Osório, 1909 Cynoglossus senegalensis simulator Chabanaud, 1949

Subespecies Durante un tempo admitíronse tres subespecies, hoxe identificadas coas especies que se citan a continuación:

Cynoglossus senegalensis browni Chabanaud, 1949, aceptada Cynoglossus browni Chabanaud, 1949. Cynoglossus senegalensis canariensis Steindachner, 1882, aceptada como Cynoglossus canariensis Steindachner, 1882. Cynoglossus senegalensis simulator Chabanaud, 1949, aceptada como Cynoglossus senegalensis (Kaup, 1858).

Características É un peixe plano de corpo ovalado, coa marxe anterior da cabeza semicircular, e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente,Cynoglossus senegalensis (Kaup, 1858) en FishBase. que pode chegar a medir até os 66 cm de lonxitude,Desoutter, M. (1986). aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 25 cm.Schneider, W. (1990).

Hábitat, distribución e bioloxía É unha especie mariña e de augas salobres, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fondos areosos ou lamacentos, a profundidades de entre os 10 e os 110 m, no Atlántico oriental, entre os 22° N e os 18° S, e entre os 18° W e os 14° E, desde o Mauritania até Angola.

Pesca Cynoglossus senegalensis é unha especie comestíbel, que se pesca nas zonas 34 e 47 (Atlántico centro-oriental e Atlántico sueste, respectivamente).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1986): "Cynoglossidae". En J. Daget, J.-P. Gosse e D. F. E. Thys van den Audenaerde, eds.: Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB, Bruxelas; MRAC, Tervuren, and ORSTOM, París. Vol. 2. pp. 432–433. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Outros artigos Pleuronectiformes Cinoglósidos Cinoglosinos Cynoglossus

Ligazóns externas Cynoglossus senegalensis na Encyclopedia of Life. Informacións, imaxe e mapas de distribución . Cynoglossus senegalensis (Kaup, 1858) no ITIS.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1858 Categoría:Produtos da pesca