El Avisador Orensano foi un diario editado en Ourense en 1878.

Historia e características Subtitulado Diario de intereses generales y materiales a partir do número 27, apareceu o 11 de xullo de 1878. Dedicábase a noticias de interese xeral. Entre os seus colaboradores figuraban Elías Aldea e Arturo Vázquez Núñez. Cesou a súa publicación co número 28, o 20 de agosto, para fundirse con El Heraldo Gallego que se converteu en diario.

A lingua hexemónica era o castelán, reservando o galego só para algúns poemas.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1878 en Galicia