Allí abajo é unha serie de televisión española de comedia producida por Plano a plano para a canle Antena 3. A súa estrea foi o 7 de abril de 2015. Aínda que á temática da serie é similar á da exitosa película Ocho apellidos vascos, a idea orixinal da serie é anterior á película, tendo máis puntos en común coa francesa Bienvenue chez les Ch'tis.

Sinopse A serie xira en torno a Iñaki, un vasco de trinta anos que nunca saíu de Euskadi. Vive coa súa nai, Maritxu, a clásica matriarca vasca, absorbente e dominante, que ve a Iñaki como un neno eterno incapaz de funcionar pola súa conta na vida. O único intercambio afectivo que mantén Iñaki é cos seus amigos de toda a vida. No bar que rexenta Iñaki, herdado do seu defunto pai, traballa Nekane, unha camareira que está tolamente namorada del, pero que nunca llo dixo.

E mentres a vida de Iñaki transcorre pracidamente, un día vese obrigada a acompañar a súa nai a Sevilla nunha viaxe do Imserso, unha viaxe para a que non está preparado. Para Iñaki, nada volverá ser o mesmo unha vez estea atrapado... alí abaixo.

Personaxes Jon Plazaola é Iñaki Irazabalbeitia, fillo de Maritxu. Ane Gabarain é María "Maritxu" Galarza, nai de Iñaki. María León é Carmen Almonte, enfermeiro xefe da Clínica Híspalis. Mariano Peña é Benito Benjumea, ancián que vive na Clínica Híspalis. Gorka Aguinagalde é Koldo Intxaustegi, médico e amigo vasco de Iñaki. Iker Galartza é Peio, amigo vasco de Iñaki. Óscar Terol é Antxon Oleaga, amigo vasco de Iñaki. Maribel Salas é Begoña "Bego" Galarza, irmá de Maritxu e tía de Iñaki. Santi Ugalde é Sabino Goikolea, cuñado de Maritxu e tío de Iñaki. Beatriz Cotobal é Isabelita, cuñada de Carmen e cociñeira do bar de la Clínica Híspalis. Alazne Etxeberria é Nekane, camareira do bar que rexenta Iñaki en Euskadi. Alfonso Sánchez é Roberto "Rober" Almenar, médico da Clínica Híspalis. Rocío García Molina é Irene Escobar, enfermeira da Clínica Híspalis. Mari Paz Sayago é Dolores Ocaña, recepcionista da Clínica Híspalis. Noemí Ruíz é Trinidad "Trini" Lozano, directora da Clínica Híspalis. Salva Reina é José Gregorio Narváez "Jozé", celador da Clínica Híspalis. Teresa Quintero é Ángela Parrón, enfermeira da Clínica Híspalis. Alberto López é Rafael "Rafi" Almonte Morales, irmán de Carmen e propietario do bar da Clínica Híspalis. Paula Rodríguez é Rosa "Rosita" Almonte, filla de Isabelita e Rafi. Carmen Frigolet é Merche, veciña laretas de Carmen. Antonia Gómez é Piedad, veciña laretas de Carmen. Carmina Barrios é Lucía "Luci", veciña laretas de Carmen. Lucía Hoyos é Eugenia Benjumea, filla de Benito. Paula Hidalgo é Azucena Benjumea, neta de Benito. Joseba Apaolaza é Mikel Irazabalbeitia. Beatriz Berciano é Alicia "Ali" Medina. Octavi Pujades é Xavier. José María del Castillo é Walter, guía turístico venezolano.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015