Xavier Miserachs i Ribalta, nado en Barcelona o 12 de xullo de 1937 e finado en Badalona o 14 de agosto de 1998, foi un fotógrafo catalán.

Traxectoria En 1952 fíxose membro da Agrupación Fotográfica de Cataluña, onde coñeceu a Oriol Maspons, e co cal mantivo unha amizade que durou toda a vida. En 1954, á idade de dezasete anos, gañou o Trofeo Luis Navarro, outorgado polo II Salón Nacional de Fotografía Moderna da Agrupación Fotográfica de Cataluña. Ese mesmo ano comezou os estudos de medicina, que abandonou no derradeiro curso para dedicarse de cheo á fotografía.

Véxase tamén

Ligazóns externas Arquivo da obra de Miserachs

Categoría:Fotógrafos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Premio Creu de Sant Jordi