The Wilt Alternative é unha novela en lingua inglesa do escritor inglés Tom Sharpe, publicada por vez primeira en 1979 por Trafalgar Square Publishing. É o segundo volume da saga comezada con Wilt en 1976.

Trama

Henry Wilt segue como profesor nun centro de formación profesional do sur de Inglaterra, e foi ascendido a xefe do departamento de Artes Liberais. Xunto coa súa muller Eva tiveron catro fillas a un tempo, e mudáronse a vivir a un barrio máis rico. El leva unha vida de rutinas, e Eva entrégase a proxectos alternativos de sostibilidade, próximos á permacultura.

Eva alúgalle o ático da casa a unha moza alemá. Porén, a policía descobre que a moza é unha terrorista internacional, que canda a dous homes prepara un atentado en Inglaterra. A policía -co inspector Wilt entre eles- cerca a casa de Wilt, quen é enviado ao domicilio para rescatar as súas fillas antes de que o exército entre a polos terroristas. Porén, Wilt ve crecer a súa coraxe ao ser drogado, e atrévese a facerlle fronte á rapaza.

Ao cabo, unha anciá veciña e mais Eva acaban por se enfrontar tamén aos terroristas, e vense recluídos nunha situación disparatada.

Narración Seguindo o estilo da novela anterior, a obra está narrada en terceira persoa nun estilo cómico.

Categoría:Obras literarias de 1979 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Novelas ambientadas en Inglaterra