José María Vilaboy Pajón, nado na Calvela (Somede, As Pontes de García Rodríguez) e finado nas Pontes de García Rodríguez o 9 de xuño de 1990, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Vilaboy Prieto. Aos doce anos foi ás Pontes. Traballou como fundidor de metais nas Pontes e despois marchou a Cuba, onde perfeccionou a súa especialidade. Cando retornou traballou na Empresa Nacional Bazán de Ferrol, e despois estableceuse nas Pontes cun taller de fundición. Foi elixido alcalde das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión o día 22 de abril; cesou no cargo en maio por anulación das eleccións. Celebradas novas eleccións o 8 de xuño, volveu ser elixido alcalde, permanecendo no cargo até maio de 1936 cando foi destituído polo Gobernador civil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu, e pasou unha noite pechado nun nicho do cemiterio das Campeiras. Nos anos finais do franquismo foi presidente do Liceo Artístico e Recreativo das Pontes e despois do Fogar do Xubilado.La Voz de Galicia, 17-7-1982, p. 36. Finou nas Pontes de García Rodríguez o 9 de xuño de 1990.La Voz de Galicia, 10-6-1990, p. 70.

Recoñecementos

Unha rúa das Pontes leva o seu nome dende 1992."El pleno pontés apoyó el traslado de población de los vecinos de A Casilla", La Voz de Galicia, Ferrol, 26-7-1992, p. 47.

Vida persoal

Casou con Antonia Iglesias Vales en 1935 e foi pai de José e María Teresa Vilaboy Iglesias. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Os oficios de As Pontes a través do fondo documental Arquivo Diocesano de Mondoñedo

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes das Pontes de García Rodríguez Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes