Maria Dolors Sabater i Puig, nada en Badalona en 1960, é unha profesora e activista social e cultural catalá. Foi alcaldesa de Badalona entre o 13 de xuño de 2015 e o 20 de xuño de 2018, a segunda na historia de Badalona, despois de Maite Arqué, encabezando a candidatura cidadá Guanyem Badalona en Comú.
O seu partido foi, con cinco concelleiros, a segunda forza política nas eleccións de 2015 por detrás do Partit Popular do alcalde Xavier García Albiol, con 10 concelleiros. Non obstante, foi investida alcaldesa o 13 de xuño grazas a un pacto de esquerdas, con PSC, ERC e ICV-EUiA, ademais do voto a favor do candidato de CDC Ferran Falcó.
O 20 de xuño de 2018 Dolors Sabater perde a alcaldía despois dunha moción de censura liderada polo PSC e apoiada polo PP e Ciutadans.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021
Categoría:Alcaldes de Badalona Categoría:Nados en Badalona Categoría:Nados en 1960 Categoría:Políticos da CUP