miniatura|Viaxe de Hannón o Navegante, a tradución de cuxo periplo é un dos poucos relatos fenicios que conservan. A literatura fenicio-púnica é aquela escrita en fenicio, a lingua das antigas civilizaciones de Fenicia e Cartago. Toda ela está rodeada dun nimbo de misterio polos poucos vestixios que se conservaron: todo o que resta é unha serie de inscricións, poucas das cales teñen carácter netamente literario (só algunha narración histórica, poemas, etc.), moedas, anacos da Historia de Sancuniatón e do Tratado de Magón, a tradución ó grego da viaxe de Hannón o Navegante e o texto do Poenulus de Plauto. Porén, é un feito probado que tanto en Fenicia como en Cartago houbo bibliotecas e quelos fenicios tiveron unha rica produción literaria herdeira do pasado cananeo, da que obras como as redactadas por Filón de Biblos ou Menandro de Éfeso son unha parte ínfima.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fenicia Lingua fenicia Alfabeto fenicio
Fenicio Categoría:Fenicia