Antonio Lomba Baz, nado en 1963, é un enxeñeiro e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Enxeñeiro e profesor de Tecnoloxía no IES da Sangriña. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro do PSdeG na Guarda. Continuou como concelleiro tralas eleccións de 2007 e 2011, tralas que foi concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías no goberno presidido por José Manuel Domínguez Freitas.

Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE logrando a vitoria con 7 concelleiros, polo que foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Nas eleccións municipais de 2019 pasou a 5 concelleiros, por detrás dos 6 do PP, mantendo a alcaldía mediante un pacto de goberno co BNG. Porén, este pacto rachou en outubro de 2019, polo que gobernou o resto do mandato en minoríaEl bipartito de A Guarda ya es historia. Nas municipais de 2023 pasou a 3 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor do PP, ante o cal renunciou como concelleiro días despois de constituírse a nova corporaciónAntonio Lomba renuncia a su acta de concejal tras 20 años en la Corporación guardesa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Guarda

Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1963 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes