Antonio Negreira Noya, nado en Insua (San Román, Val do Dubra) en 1956, é un profesor e político galego. Traxectoria Profesor de Formación Profesional. No 2003 foi candidato á alcaldía de Val do Dubra polo BNG e logrou se-la segunda forza máis votada tralo PPdeG, mellorando resultados en 2007 e 2011, cando os populares lograron a maioría absoluta pola mínima. Trala convocatoria de 2011 foi elixido deputado provincial por Santiago. En 2012 abandonou o BNG renunciando á acta de deputado, pero mantendo a de concelleiro.
Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura de Son de Val do Dubra-ANOVA, gañou as eleccións con maioría simple e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada., tendo que enfrontarse a un bloqueo constante por parte dos grupos da oposición, o PPdeG, TEGA (escindidos dos populares) e un concelleiro independente. Presentouse novamente como candidato ao concello nas municipais de 2019, e malia que volveu se-la lista máis votada, pese a perder 2 concelleiros en favor do PSdeG, non foi reelixido alcalde, logrando a alcaldía José Manuel Varela Ferreiro, do PPdeGConcello de Val do Dubra na FEGAMP, co apoio de TEGA e un concelleiro independente. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura de Anova e foi a terceira forza con 3 concelleiros, apoiando a investidura do socialista Diego Díaz Méndez (tamén 3 concelleiros pero con máis votos), pasando a se-lo primeiro tenente de alcalde deste e concelleiro de obras.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Val do Dubra
Categoría:Alcaldes de Val do Dubra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Nados en Val do Dubra Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes