Tomás Regueiro Cacheiro, nado en Abegondo o 19 de marzo de 1943, é un político galego.

Traxectoria Encabezou a candidatura do CDS no concello de Abegondo nas eleccións municipais de 1987 e 1991 e foi elixido concelleiro, con 2 e 1 representantes respectivamente. En xuño de 1991 apoiou xunto co PP e a CNG a investidura como alcalde de José Antonio Santiso Miramontes, único concelleiro da UMI.

En xuño de 1992, Tomás Regueiro pasa a ser alcaldeUn conductor circuló 15 años con un permiso municipal. www.laopinioncoruna.es, 22/08/2008 ., tras prosperar unha moción de censuraSantiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura . www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 . contra José Antonio Santiso co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE

Permaneceu no posto até xaneiro de 1995, cando deixou a alcaldía ao non superar unha moción de censura presentada na súa contra polo anterior alcalde José Antonio Santiso, apoiada por un concelleiro socialista díscoloAPdA sospecha que Santiso tiene un pacto encubierto con el PSOE. www.elidealgallego.com, 19/12/2011 .. Volveu encabezala candidatura do CDS nas municipais dese mesmo ano logrando de novo 1 concelleiro, nesta ocasión fronte a unha amplísima maioría absoluta de Santiso Miramontes á fronte do PPdeG, permanecendo por tanto na oposición e retirándose da primeira liña política ao final do mandato.

En 2007 foi elixido Xuíz de Paz do concelloLa elección del juez de paz divide al gobierno de Abegondo, e posteriormente foi presidente do club de fútbol San Tirso Sociedad DeportivaHoy cumplen años . www.elcorreogallego.es, 19/03/2015 ..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abegondo

Categoría:Alcaldes de Abegondo Categoría:Alcaldes de Galicia polo CDS Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes