O sumerio (𒅴𒂠, eme-ĝir) tal e como se falou no antigo imperio sumerio é unha lingua que desapareceu e caeu no esquecemento ata o século XIX, distinguíndose así das outras linguas faladas na rexión, como o hebreo, o acadio, o babilonio, o asirio, todas linguas semíticas.

O sumerio é a primeira lingua escrita que coñecemos. A súa escrita, o cuneiforme (que significa «en forme de cuña») foi logo reutilizada polo acadio, o ugarítico, e o elamita. A escritura cuneiforme foi mesmo empregada por algunhas linguas indoeuropeas, como o hitita (que paralelamente tiña unha escritura xeroglífico) e o persa antigo, se ben estes últimos non se serviron dos mesmos instrumentos para gravar os signos, afastándose así da grafía orixinal. En efecto, o persa só empregou a forma da escritura, mentres que a pronunciación dos signos xa non tiña nada que ver co sistema orixinal.

O sumerio é unha lingua aglutinante, o cal significa que cada palabra está formada por múltiples morfemas asociados uns aos outros; oponse así ás linguas illantes como o chinés (onde cada palabra ten só unha forma fixa) e ás linguas flexivas, onde as palabras se declinan en formas diferentes a través do uso de afixos que non poden separarse da raíz. Atopamos en sumerio un emprego importante de palabras compostas: así por exemplo a palabra lugal que significa «rei» está formada pola unión das palabras lu «home» e gal «grande».

Tamén é unha lingua ergativa, o que significa que o suxeito, dun verbo transitivo está declinado no caso ergativo, que se marca con -e. O suxeito dun verbo intransitivo e o obxecto directo dun verbo transitivo van en absolutivo, que en sumerio (como na maior parte das linguas ergativas) está marcado por un sufixo (ou mesmo o que se chama «sufixo cero», como en lugal-e é mu-dù «o rei construíu unha casa/un templo/un palacio»; lugal ba-gen «o rei partiu»).

Notas

Véxase tamén Bibliografía M.-L. Thomsen, The Sumerian language: An introduction to its history and grammatical structure, Akademisk Forlag, 1987 D.O. Edzard, Sumerian Grammar, Handbuch der Orientalistisk, Brill, 2003 Rafael Jiménez Zamudio, Gramática de la lengua sumeria, Ediciones clásicas, Madrid, 1998.

Ligazóns externas Dictionnaire Freelang Dicionario sumerio-francés/francés-sumerio. Sumerian lexicon Léxico sumerio-inglés, organizado por tipos de sílaba. The Pennsylvania Sumerian Dictionary (PSD) Léxico matricial, consultábel por entradas sumerias, transliteracións, nomes de signo, acadio, inglés. Cuneiform Digital Library Initiative (cdli) Coleccións dixitais de textos cuneiformes, con fotografía e/ou transliteracións. The Electronic Text Corpus of Sumerian Literature Corpus electrónico da Universidade de Oxford. Liste des signes cunéiformes sumeriens Nomes dos signos, representacións dos cuneiformes, transliteracións, valores.

Categoría:Lingua sumeria Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas aglutinantes