Artem Pustovyi, nado o 25 de xuño de 1992 en Sofijiwka, é un xogador profesional de baloncesto ucraíno. Cunha estatura de 2,16 metros xoga na posición de pivote para o Joventut Badalona da Liga ACB.
Traxectoria O 18 de xuño de 2015, anunciouse a súa cesión por tres anos ó Obradoiro CAB da Liga ACB, procedente do BC Khimik ucraíno. O 23 de maio de 2017, o Obradoiro chegou a un acordo co Khimik e co propio xogador para estender o seu contrato ata o ano 2019.
O 30 de xullo de 2018, o Obradoiro e o FC Barcelona chegaron a un acordo para o traspaso de Pustovyi, quen asinou un contrato de tres tempadas polo club azulgrana.
O 2 de xullo de 2021, Pustovyi asinou un contrato dunha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB.Artem Pustovyi refuerza la pintura del Gran Canaria
O 17 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Pustovyi por unha tempada polo UCAM Murcia da Liga ACB.
O 18 de xullo de 2023, anunciouse a volta de Pustovyi a Santiago tras asinar por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FIBA.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Ucraína Categoría:Xogadores de baloncesto de Ucraína Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do BC Khimik Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do Joventut Badalona