Epifanía é un debuxo en carbón do artista do renacemento italiano Michelangelo, datado de arredor de 1550-1553. Está feito sobre vinte e seis láminas de papel cunhas dimensións de 232 cm de altura por 165 cm de lanrgura. O debuxo consta de cinco personaxes principais (a Nai de Deus co Neno Xesús, Xosé de Nazaret, Xoán o Bautista e unha figura sen identificar) con outras figuras menos definidas no fondo da obra. O debuxo pasou polas mans de diversos propietarios, o derradeiro deles, o escocés John Malcolm of Poltalloch, mercou por só 11 libras e 6 peniques. O seu fillo, John Wingfield Malcolm, doouno ó Museo Británico no ano 1893, onde se conserva na actualidade.Identifícase coa referencia PD 1895-9-15-518.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Museo Británico

Categoría:Pinturas de Michelangelo Categoría:Coleccións do Museo Británico