Libro de horas da raíña María de Navarra é un libro de miniaturas iluminadas góticas feito en Barcelona por encarga do rei Pedro IV de Aragón en 1342, como agasallo para a súa primeira esposa, María de Navarra. O seu autor é Ferrer Bassa, segundo a encarga real, se ben estilisticamente identifícanse dous artistas máis do seu taller, o seu fillo Arnau Bassa e o Mestre de Baltimore. Características
A obra conta cunha abondosa ilustración que complementa a riqueza do contido litúrxico, de características exclusivas, como as horas en honra do seu ascendente directo, Lois IX de Francia. Ás imaxes engádeselle o tratamento do espazo e uso de cores vivas e delicadas. A característica que define o estilo do artista é a forma de retratar as facianas das personaxes, con fociños picudos e ollada penetrante.
O exemplar do Libro de horas atópase actualmente na Biblioteca Marciana de Venecia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Libro de horas
Livro de Horas de D. Manuel
Categoría:Arte gótica Categoría:Libros de horas