San Tomé de Quireza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 372 habitantes (178 mulleres e 194 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Patrimonio A igrexa de San Tomé de Quireza rematouse a principios do século XIX, e nela traballou o canteiro Tomás Penelas. É unha mestura dos estilos Barroco e Neoclásico. Ten planta de cruz latina e bóveda de crucería, e no altar maior hai un retablo barroco feito en madeira policromada con predominio do dourado que data de 1679. A reitoral, situada ao pé da igrexa, é un orixinal exemplo da arquitectura popular, con oito columnas de cantería sostendo unha balconada tamén de pedra. Na explanada da igrexa atópase un cruceiro chamado Cruceiro das Procesións.

No lugar dos Castros hai restos dun castro, posiblemente galaico-romano, superficie plana elevada sobre un terraplén que facía de defensa.

En Fondós está situada a capela de San Xosé de estilo barroco da segunda metade do século XVIII. No seu interior consérvanse imaxes realizadas polo escultor Francisco Solla García.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Quireza

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé