250px|miniatura|Carlos de Navarra nun estrado de Pré-aux-Clercs arenga unha multitude de parisienses. Ilustración extraída das Grandes Crónicas de Francia. Carlos II de Navarra, nado en Évreux o 10 de outubro de 1332 e finado en Pamplona o 1 de xaneiro de 1387, coñecido tamén como Carlos II de Évreux ou Carlos o Malo (le Mauvais en francés), foi conde de Évreux dende o 23 de setembro de 1343 ata 1378, momento en que o condado lle é incautado por parte do rei de Francia Carlos V. Foi rei de Navarra dende o 6 de outubro de 1349 ata a súa morte.
Familia Fillo de Filipe III de Évreux e Xoana II de Navarra, sucedeu á súa nai no trono navarro cando morreu en 1349. Casou en Vivier-en-Brie en 1351 con Xoana de Francia, filla de Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo. Desta unión naceron: A infanta María de Navarra (1360-1410), casada en 1393 con Afonso V de Ribagorza. O infante Carlos III de Navarra (1361 - 1425), rei de Navarra. A infanta Bona de Navarra (1364-1389). O infante Pedro de Navarra (1366 - 1412), conde de Mortain. O infante Filipe de Navarra (1368). A infanta Xoana de Navarra (1370 - 1437), casada en 1386 con Xoán V da Bretaña e en 1403 con Henrique IV de Inglaterra. A infanta Branca de Navarra e Valois (1372 - 1385).
Véxase tamén Ligazóns externas
Carlos II de Navarra (Charles II de Navarre, dit Charles le Mauvais)
Categoría:Reis de Navarra Categoría:Casa de Évreux Categoría:Nados en 1332 Categoría:Finados en 1387 Categoría:Nados en Évreux