Josep Tapiró i Baró, nado en Reus o 7 de febreiro de 1836, e finado en Tánxer o 4 de outubro de 1913, foi un pintor catalán, coñecido polas súa acuarelas con retratos dos habitantes de Tánxer.
Formouse en Reus e Barcelona coincidindo con Marià Fortuny. Grazas a numerosas viaxes a través de Europa entre 1863 e 1870, consolidou o seu estilo, compartindo temática co seu amigo. Viaxaron xuntos até Marrocos por primeira vez en 1871, un feito decisivo na vida dos dous artistas. Cando Fortuny morreu, Tapiró decidiu instalarse en Tánxer en 1877, onde ficaría por trinta anos, até 1913. En Tánxer especializaríase definitivamente na técnica da acuarela, especialmente retratos e escenas de interior da vida cotiá marroquí.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Reus Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1913