Santa María de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.
Información O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.
Patrimonio Conta cun foxo de lobo que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración en 2013.
Lugares e parroquias Lugares de Campo
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo
Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María