miniatura|Porquiño ou roncón miniatura|Porquiño ou roncón, visto en mergullo miniatura|Porquiño ou roncón, visto en mergullo Porquiño, roncón, roncallo ou peixe porco é un peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e até aos 100 metros de profundidade. Tanto o nome de roncón como o de porquiño veñen dados polo feito de ser capaz de emitir sons roucos, gruñidos como os do porco. Porén, o nome "peixe porco" non debe levar a confusión, xa que así e chamado tamén un tipo de escualo, o Oxynotus centrina.

Morfoloxía e costumes Ten un corpo alto e estreito, de cor grisalla. A primeira dorsal está formada por tres radios moi fortes. Ten a boca pequena, con dentes robustos. A pel é rixa e consistente. Deambula en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de moluscos e crustáceos. Pode ser visto ao facer mergullo.

É pescado con trasmallo e a carne é de calidade. Pode superar 1 kg. É normal que continue a trabar e rillar cos seus dentes robustos despois de ser pescado, por iso é habitual facer rotos na roupa e feridas nas mans dos pescadores.

Véxase tamén

Ligazóns externas Cardume de porquiños en Sesimbra Porquiño Balistes capriscus en FishBase

Bibliografía Villoch, Joaquín (2001) Guía Museos Científicos de los Peces de los mercados de Galicia. Via Láctea editorial e Concello da Coruña. ISBN 84-89444-78-1.

Categoría:Acantopterixios