Xosé Carlos Valcárcel Doval, nado no Pereiro de Aguiar en 1963, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Barbadás e foi elixido concelleiro. Repetiu como candidato nas municipais de 2011 e volveu ser elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser o candidato do PSdeG e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BNG e CxG, gobernando en coalición cos edís do BNG. Gañou as municipais de 2019 e volveu ser elixido alcalde como cabeza de lista máis votado, gobernando en minoría. Nas municipais de 2023 volveu ser elixido alcalde ó ser a lista máis votada, establecendo posteriormente un pacto de goberno co único concelleiro de Democracia Ourensana. En decembro de 2025 foi denunciado por acoso laboral por unha militante do PSdeG-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Barbadás

Categoría:Alcaldes de Barbadás Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Pereiro de Aguiar Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes