O porco formigueiro,porco formigueiro no Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo Edicións, 2004. ISBN 84-7680-504-7. ou oricteropo, Orycteropus afer (Pallas, 1766), é un mamífero de tamaño medio, propio da África subsahariana, onde vive en sabanas, pradarías e zonas boscosas. Este animal, solitario e de hábitos nocturnos, é a única especie vivente do xénero Orycteropus, da familia dos oricteropódidos (Orycteropodidae) que, á súa vez, é a única da orde dos tubulidentados (Tubulidentata).Tubulidentata no NCBI.Kowalsky (1976), pp. 405-406.Dorst e Dandelot (1973), pp. 154-144. En consecuencia, está considerado como un fósil vivente, que conserva trazos primitivos que perderon euterios máis avanzados como, por exemplo, a presenza de dez cromosomas."Great Uncle Aardvark?" en BBC NEWS online — Science/Nature. 20-01-2003. . Consultada o 10 de xaneiro de 2008.
O aspecto do porco formigueiro semella mesturar orellas de coello, un fociño de porco e unha cola de canguro. Como os osos formigueiros e os pangolíns, o porco formigueiro desenvolveu adaptacións notábeis no seu xeito de alimentación. Ataca directamente niños de formigas e térmites, cunha lingua moi longa e uns dentes especialmente modificados. Utiliza as súas grandes poutas en forma de pa para escavar buratos onde refuxiarse, que despois son empregados por unha multitude de animais unha vez o porco formigueiro os abandona.
Malia que a UICN considera que o status do porco formigueiro é LC (pouco preocupante),Lindsey, P., Cilliers, S., Griffin, M., Taylor, A., Lehmann, T. & Rathbun, G., asesores (2008): Oryteropuis afer na Lista vermella de especies ameazadas da UICN, versión 2015.2. Consultada o 29 de agosto de 2015. e que as poboacións desta especie son máis ou menos estábeis, resulta difícil avaliar o seu estado con gran precisión. Podería ser que estivese esmorecendo por mor do crecemento da presenza humana e conseguinte urbanización, a destrución e conversión do seu hábitat en campos de cultivo ou a caza de subsistencia.
Taxonomía Orde A orde dos Tubulidentata foi descrita en 1872 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley.Tubulidentata en MSW.
Familia A familia Orycteropodidae descibiuna en 1821 o naturalista inglés John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 305.Orycteropodidae en MSW.
Xénero A descrición do xénero Orycteropus débese ao naturalista francés Georges Cuvier, que o fixo en 1798, na páxina 144 da súa obra Tableau élémentaire de l'histoire naturelle des animaux (1797-1798).Orycteropus en MSW.
Especie Finalmente, a especie Orycteropus afer describiuna en 1766 o médico e zoólogo alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Myrmecophaga afra. Subespecies Dentro desta especie distínguense as seguintes 17 subespecies:Schlitter, D. A. (2005): "Order Tubulidentata". En Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mariland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4, p. 86.
O. a. afer O. a. adametzi O. a. aethiopicus O. a. angolensis O. a. erikssoni O. a. faradjius O. a. haussanus O. a. kordofanicus O. a. lademanni O. a. leptodon O. a. matschiei O. a. observandus O. a. ruvanensis O. a. senegalensis O. a. somalicus O. a. wardi O. a. wertheri
Clasificación dos tubulidentados Na actualidade recoñécense, dentro da orde, unha soa familia, con 4 xéneros, tres deles extintos.Lehmann (2009). Orde Tubulidentata Huxley, 1872 Familia Orycteropodidae Gray, 1821 Xénero Orycteropus G. Cuvier, 1798 Orycteropus afer (Pallas, 1766) - porco formigueiro † Orycteropus crassidens MacInnes, 1956 † Orycteropus djourabensis Lehmann, Vignaud, Mackaye & Brunet, 2004 Xénero † Amphiorycteropus Lehmann, 2009 † Amphiorycteropus abundulafus (Lehmann, Vignaud, Likius & Brunet, 2005) † Amphiorycteropus browni (Colbert 1933) † Amphiorycteropus depereti (Helbing, 1933) † Amphiorycteropus gaudryi (Forsyth-major, 1888) † Amphiorycteropus mauritanicus (Arambourg, 1959) Xénero † Leptorycteropus , 1976 † Leptorycteropus guilielmi Patterson 1976 Xénero † Myorycteropus MacInnes, 1956 † Myorycteropus africanus MacInnes, 1956
Etimoloxías O nome da orde, Tubulidentata, está composto polo elemento do latín científico tubuli-, do xenitivo de tubulus, i, diminutivo do latín clásico tubus, "tubo", e dentata, nominativo plural do adxectivo latino dentātus, -a, -um, "dentado", "con dentes". Literalmente: "os que teñen dentes con tubiños".
O da familia, Orycteropodidae, constrúese coa adición á raíz Oryctopod-, do nome do xénero (Oriycteropus) da desinencia ´-idae, propia dos nomes das familias de animais.
O xenérico, Oriycteropus, está formado polo elemento do latín científico Oryctero-, tirado do grego antigo ορυκτόσ, -ή -óυ oryktós, -'ē, -ou, "escavado", participio do verbo ορύσσω orýsso, "escavar", e o elemento do latín científico -pus,orycteropus no Merriam-Websters' Unabridged Dictionary. derivado do grego antigo πούς poús, "pé", "pata". Literalmente: "o que escava coas patas".
Finalmente, o nome específico, afer, está tomado do adxectivo do latín clásico Afer, -fra, -frum, "africano", "africana".
Características Tamaño e forma corporal miniatura|Orycteropus afer taxidermizado. Museo de Historia natural de Berlín. miniatura|250px|Ilustración dun oricteropo nunha enciclopedia de 1897. miniatura|250px|Debuxo dunha sección do maxilar inferior, mostrando os dentes.
O corpo do único representante actual do grupo, o porco formigueiro (Oryteropus afer), non responde aos canons de beleza establecidos para os animais polo home occidental do noso tempo. A súa longa e cilíndrica cabeza, os seus enormes pavillóns auditivos, a súa pel case espida, as fortes uñas das súas patas, os seus desproporcionados cuartos traseiros, e a súa cola como a dun canguro, compoñen a imaxe mesma do grotesco. Pero o seu aire torpe e o seu aspecto desamañado transfórmanse en beleza funcional cando o animal comeza a escavar as súas galerías. Apoiado sobre a cola e as extremidades posteriores, rasca con rapidez e sorprendente rendemento o duro solo africano cos membros anteriores e proxecta con forza, coas posteriores e a cola, a terra removida, operacións todas elas que realiza cunha velocidade tal, que antepón a fuxida á construción dun tobo onde ocultarse cando un repentino perigo o sorprende lonxe do seu refuxio habitual.Rodríguez de la Fuente (1970), pp. 217-218.
É un animal inconfundíbel, do tamaño dun porco, que alcanza unha lonxitude de até os 2 m (incluíndo a cola), e un peso de entre 50 e 80 kg. A altura na cruz é de 60 a 65 cm.
A cabeza é alongada e tubular; con orellas grandes e similares, na súa forma, ás dunha lebre. O fociño, tamén alongado, é parecido ao dun porco; na boca ten unha lingua moi longa, que sobresae da boca a miúdo; presenta uns dentes especialmente modificados, con numerosos prismas de dentina. As orellas son moi longas, así mesmo tubulares, e rematadas en punta.
O corpo, repoludo e co lombo arqueado, está cuberto dunha pelaxe delgada, con numerosas vibrisas na cabeza. As patas son curtas e poderosas, rematadas en catro dedos as dianteiras e cinco nas posteriores; os dedos están provistos de fortes garras, aínda que non afiadas. A súa marcha é dixitígrada.
A cola é longa e forte, moi musculosa, e moi grosa na base.
A pel é grosa, escasamente cuberta de pelos sedosos de cor gris apardazada apagada, máis escura nas patas, aínda que moitas veces aparece coloreada pola terra. A cola, ás veces, é algo máis clara.Presenta glándulas sebáceas e sudoríparas.
miniatura|250px|Esqueleto dun oricteropo.
Esqueleto O cranio dos oricteropos é alongado, e presenta arcos cigomáticos ben desenvolvidos. As fosas orbitais e temporais conflúen entre si. O número de espirais nasais é maior que en calquera outro mamífero. A mandíbula é delgada, pero ten ramas completamente desenvolvidas e unha sínfise longa. A clavícula está ben desenvolvida. As patas dianteiras presentan catro dedos, e as traseiras, cinco. As falanxes posteriores presentan un suco lonxitudinal.
Sistema nervioso e órganos dos sentidos Os hemisferios cerebrais do oricteropo teñen poucas coircopunvolucións. Os centros do olfacto están moi ben desenvolvidos. Os seus ollos son bastante grandes, adaptados para a visión nocturna, provistos só de bastonetes, e cunha membrana reflectora moi ben desenvolvida. Porén, os seus sentidos principais son os do olfacto e o do oído. Presentan, ademais, órgano de Jacobson.O órgano de Jacobson, tamén chamado órgano vomeronasal, é un órgano auxiliar do sentido do olfacto que presentan algúns vertebrados. Localízase no óso vómer, entre o nariz e a boca. As neuronas sensoras dentro do órgano detectan distintos compostos químicos, habitualmente grandes moléculas.
Aparello dixestivo e alimentación Aparello dixestivo O porco formigueiro presenta dentes deciduos só no embrión, consistentes en incisivos, caninos e premolares. Na dentición permanente os pequenos caninos e premolares son rudimentarios e non se utilizan. Os dentes iugais (de catro a sete, normalmente cinco por serie) están en constante crecemento, e caracterízanse por unha estrutura peculiar. Os dentes anteriores teñen forma ovalada. Os posteriores teñen unha forma similar á do número 8. Consisten en numerosos túbulos de paredes de dentina, co centro formado pola cavidade alveolar.
A lingua é estreita e aplanada. As glándulas salivares son grandes. O estómago é único, e as súas paredes son moi musculadas; o cego é pequeno. A larinxe esténdese até a cavidade nasal, o que axuda a conservar os condutos nasais libres de comida.
Alimentación O porco formigueiro aliméntase principalmente de térmites e, ocasionalmente, dalgúns outros insectos, como formigas e outros. Utiliza os seus potentes membros para buscar nos termiteiros, e alcanzan os insectos coa axuda da súa pegañenta lingua ou, simplemente, succionándoos.
Aparellos uroxenital e reprodutor Os riles non están divididos, e son lisos. Os testículos están situados baixo a pel, e carecen de escroto. O pene é curto e carece de baculum (óso peneano). O útero é duplo. A placenta, zonaria. As femias teñen dous pares de mamas.Haltenorth e Diller (1986), pp. 132-133. Reprodución
Despois dun período de xestación de sete meses nace unha soa cría, en ocasións dúas. Os partos prodúcense de outubro a novembro na África central, e de maio a agosto na África meridional. As crías, de cor carne, nacen co ollos abertos e permanecen dúas semanas no tobo; despois xa seguen á nai cando esta vai en busca de comida. As crías comezan a comer os primeiros alimentos sólidos aos 3 meses, pero son aleitadas durante 4 meses. Aos 6 meses xa poden facer vida independente, pero os xuvenís quedan coa nai até que nace a seguinte camada.
Costumes Os oricteropos son animais nocturnos, raramente activos durante o día. Escavan profundos tobos onde pasan as horas diúrnas, saíndo á noitiña, e son activos principalmente durante as noites máis escuras.
Viven en áreas abertas, sabanas, pradarías e bosques claros, evitando os bosques densos, principalmente en zonas de solos areosos ou arxilosos, onde é máis doado escavar, e onde abunden os térmites.
Habitan na África subsahariana, desde unha liña que vai desde Senegal a Eritrea, polo norte, até o Cabo de Boa Esperanza, polo sur. Véxase o mapa de distribución na caixa de clasificación científica, arriba, á dereita, deste artigo.
miniatura|250px|Oricteropo nun cubo, nun zoo.
É un animal solitario, pero os individuos xuvenís acompañan á súa nai durante longo tempo. Son escavadores de tobos moi activos e moi potentes, que cavan o solo a unha velocidade sorprendente. As femias teñen querenza por determinados lugares, aos que volven con regularidade. En cambio, os machos perece que son máis vagamundos.