San Xoán de Albeos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 476 habitantes (238 homes e 238 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 676 habitantes.
Historia É a parroquia natal de san Paio, sobriño do bispo de Tui Hermoxio, que foi raptado por Abd al-Rahman III no ano 920. Na súa memoria erixiuse o mosteiro románico de San Salvador, do que se conservan algunhas ruínas. En 2016 san Paio foi nomeado patrón da parroquia, canda San Xoán Bautista.
Aquí naceu tamén o bispo católico Gilberto Gómez.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Albeos
Parroquias de Crecente
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Crecente Ligazóns externas
Categoría:Parroquias de Crecente Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán