Rocío Leira Castro, nada na Pereiriña (Cee) o 1 de outubro de 1979, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña o seu labor en Santiago de Compostela dirixindo un centro de formación para universitarios. No ano 2009 gañou o X Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome e no 2012 o segundo Premio Anduriña Voandeira. Vive en Santiago de Compostela.

Obra Narrativa Veleno en familia (2019). A Coruña: Baía. 168 páxs. ISBN 9788499953274. Novela. A afogada (2021). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-822-7. ePub: ISBN 978-84-9121-833-3.

Narrativa infantil e xuvenil Universo Pitágoras (2013). Biblos. 72 páxs. ISBN 9788415086338. Novela. O becho que quería comer á avoa (2015). Vigo: Galaxia. 92 páxs. ISBN 978-84-9865-614-5. Novela. Trescatorcedezaseis (2020). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-624-7. ePub: ISBN 978-84-9121-618-6. Cicuta para dous (2022). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-216-2. ePub: ISBN 978-84-1110-215-5.

Poesía Obituario (2016). Secretaría Xeral de Política Lingüística. Prólogo de Ramón Nicolas. Ilustracións de Heitor Picallo. INEM (2016). Concello da Estrada.

Obras colectivas Manuel María, libro colectivo de homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de maio de 2016, 2017, Depuración de Lugo. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017). Alvarellos. Costa da Morte: Territorio Literario (2018). Pigmalión.

Premios Finalista do VIII Premio de novela por entregas La Voz de Galicia no 2008, por Os crimes do morcego. Premio de poesía Díaz Jácome no 2009. VIII Premio Valle Inclán de narrativa no 2009, por A murcha madame Bovary. XI Premio de narración curta Concello de Marín no 2010, por Folerpas de nostalxia. Finalista do X Premio de novela por entregas La Voz de Galicia no 2010, por Xogo de nenos. Premio de relatos Boca da Ría da Sociedade Artística Ferrolana no 2011, por No berce da apocalipse. Segundo Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2012, por Os haikus das estacións. Segundo premio do Seminario de Estudos Comarcais no 2012, por Desorballando o tempo. VII Premio de poesía Concello de Mugardos no 2013, por Noite sin trincheiras. VI concurso de poesía Mulleres do Noso Tempo no 2013, por Ti es. VI Premio de novela curta Vila de Negreira no 2013, por Cita con Lola. VII Premio de poesía Terras do Chamoso no 2013, por Mensaxes cifradas. Segundo Premio do XIV Certame Literario Frasquita Larrea no 2014, por Despierta. XXII Certame Xaime Illa Couto no 2014, na modalidade de relato curto, por Querida mamá. XIII Premio de narración curta Concello de Marín no 2014, por Alopecias nas paredes. Segundo Premio do XV certame de poesía Anduriña Voandeira no 2015, por Sísmica interna. XVIII Premio de poesía Feliciano Rolán no 2015, por O último camiño ata nós. XXIX edición do Certame Rosalía de Castro de Cornellà no 2016 por Lume no peito. Premio Rosa de Cen Follas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no 2016 por Desparramar os reloxos. IV certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro no 2016, por Obituario. XX edición do Premio de poesía Avelina Valladares de poesía no 2016, por INEM. V Certame de Poesía Manuel María no 2017 por O teu exterminio sobre min. X Certame de Poesía "Mujeres Silenciadas Argentina Rubiera" no 2017 por Regresión. XII Concurso literario Rita Suárez Amado de poesía no 2018 por A última palabra. Premio Alumni USC en 2018 por Paxaros Caídos. Segundo premio no Premio de novela Vilar Ponte en 2018, por Veleno en familia. XX Edición do Certame de poesía Concello de Marín en 2019 por Enredados. Certame de Narración Curta Ánxel Fole en 2020. Premio Jules Verne de literatura xuvenil en 2022, por Cicuta para dous. Premio Frei Martín Sarmiento en 2024 por Cicuta para dous. XXXIII edición do Concurso literario Xaime Illa Couto, de relato curto no 2025.

Notas

Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1979 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela