Microstomus é un pequeno xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.Microstomus Gottsche, 1835 no WoRMS

O xénero comprende catro especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico,Especies do xénero Microstomus en FishBase coñecidas en galego como mendos.Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco Xavier (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1835 polo naturalista alemán Carl Moritz Gottsche.

A especie tipo do xénero é Microstomus latidens Gottsche, 1835, hoxe reclasificada como Microstomus kitt (Walbaum, 1792)

Sinónimos miniatura|230px|Microstomus achne. miniatura|230px|Microstomus pacificus.

Ao longo do tempo, o xénero, ademais de polo nome actualmente válido, que é o que lle adxudicou Gottsche, coñeceuse tamén polos sinónimos: Cynicoglossus Bonaparte, 1837 Veraequa Jordan & Starks, 1904

Etimoloxía O nome do xénero, Microstomus, está construído coa forma prefixa do latín científico micro-, tirada da do grego antigo μικρο- mikro-, derivada do adxectivo μικρὸς mikrós, "pequeno", "pequena"", e o substantivo στόμα stóma, "boca".

Especies Na actualidade recoñécense dentro do xénero Microstoma as seguintes catro especies: Microstomus achne (Jordan & Starks, 1904) Microstomus kitt (Walbaum, 1792) - mendo limón. Microstomus pacificus (Lockington, 1879) - mendo do Pacífico. Microstomus shuntovi Borets, 1983

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. editores: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Collection Patrimoines Naturels, 50. Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectinos

Ligazóns externas Microstomus na EOL. Contén informacións, numerosas imaxes e un mapa de distribución . Microstomus na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes