María Josefa Pose Rodríguez é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.
Traxectoria
Dona dunha farmacia en Traba (Xallas de Castriz). Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira de Santa Comba polo PPdeG e primeira tenente de alcalde. En novembro de 2014 dimitiu o alcalde Antonio LandeiraEl alcalde de Santa Comba dimite y alega “motivos personales” El País, 08/11/2014 . e Pose é elixida alcaldesa, mantendo así a alcaldía o PP cos votos a favor de Independientes por Santa CombaMaría Pose convértese na primeira alcaldesa xalleira La Voz de Galicia, 28/11/2014.. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi superada polo PSdeG-PSOE, o cal logrou alcaldía e formou goberno con Terra Galega. Trala ruptura do pacto en novembro de 2015, en maio de 2016 o Partido Popular e Terra Galega presentaron unha moción de censura ao alcalde socialista José Antonio Ucha Velo trala cal recuperou a alcaldíaA popular María José Pose é a nova alcaldesa de Santa Comba CRTVG, 26/05/2016..
Nas municipais de 2019 conseguiu sela máis votada, pero perdeu a alcaldía dado o pacto entre Compromiso por Galicia e o PSdeG-PSOE. Trala ruptura deste acordo de goberno, recuperou a alcladía mediante unha moción de censura en xuño de 2021, a cal contou co apoio do exalcalde socialista Ucha Velo e outra concelleira socialista, os cales foron expulsados da súa formación. Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía tras lograr o PSdeG a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santa Comba
Ligazóns externas Blog de María Pose
Categoría:Alcaldes de Santa Comba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes