Edward Turner Bennett, nado en Hackney (Londres), o 6 de xaneiro de 1797 e finado o 21 de agosto de 1836 en Londres, foi un médico, zoólogo e escritor inglés.

Traxectoria Fixo prácticas de cirurxía, pero o seu principal interese sempre foi a zooloxía. En 1822 intentou establecer unha sociedade de entomoloxía, que máis adiante se convertería nunha sociedade de zooloxía cunha certa conexión coa Sociedade linneana de Londres. Este foi o comezo da Zoological Society of London, da cal Bennett foi secretario entre 1831 e 1836.

Entre as súas obras destacan The Tower Menagerie (1829) e The Gardens and Menagerie of the Zoological Society (1831). Tamén escribiu, xunto con G. T. Lay, a sección sobre peixes na obra Zoology of Beechey's Voyage (1839).

Honores Eponimia Na súa honra dedicáronse as seguintes especies:Bo Beolens, Michael Watkins, Michael Grayson. The Eponym Dictionary of Mammals. Ed. JHU Press, 2009. ISBN 0-8018-9304-6. Abrocoma bennettii Waterhouse, 1837 Gazella bennettii Sykes, 1831 Civeta de Bennett Cynogale bennettii Gray, 1837 Mimon bennettii Gray, 1838

Abreviatura As abreviaturas Bennet e E. T. Bennet empréganse para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bennett, Edward Turner (1797-1836), zoologist no Dictionary of National Biography.

Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1797 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1836