Justin Alaric Holiday , nado o 5 de abril de 1989 no barrio de Mission Hills dos Ánxeles (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,98 m e 84 kg de peso, Holiday pode xogar nas posicións de escolta e ala. O seu maior éxito é o anel de campión da NBA conseguido como membro dos Warriors na temporada . É irmán do tamén xogador profesional Jrue Holiday.

Traxectoria Universidade Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fixo unha media de 5,3 puntos, 3,6 rebotes e 1,5 asistencias por partido. Na súa última tempada foi elixido Defensor do Ano da Pacific Ten Conference.

Profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, comezou a súa traxectoria profesional no Okapi Aalstar da liga belga, cos que xogou unha tempada na que fixo unha media de 7,3 puntos e 3,0 rebotes por partido. Ao ano seguinte regresou ao seu país para xogar nos Idaho Stampede da NBA D-League, completando unha tempada na que fixo unha media de 17,3 puntos e 5,3 rebotes por partido, sendo incluído no terceiro mellor quinteto da NBA D-League e no segundo quinteto defensivo.

En abril de 2013, asinou un contrato cos Philadelphia 76ers da NBA, onde coincidiu co seu irmán Jrue, disputando 9 partidos da tempada regular, nos que fixo unha media de 4,7 puntos e 1,7 asistencias por partido. En xullo de 2014, Holiday uniuse aos Golden State Warriors para a Liga de Verán da NBA, despois de gañar en Hungría o título de Liga e de Copa. O 8 de setembro de 2014, asinou un contrato para xogar cos Warriors. O 14 de novembro de 2014, foi asignado aos Santa Cruz Warriors, sendo reclamado ao día seguinte. Esa tempada consegue gañar o anel de campión co equipo californiano, axudando cunha media de 4,3 puntos e 1,2 rebotes en 59 partidos de liga regular. O 9 de xullo de 2015 anunciouse a súa fichaxe polos Atlanta Hawks.

O 18 de febreiro de 2016, Holiday foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre os Bulls, os Hawks e os Utah Jazz.

O 22 de xuño de 2016, foi traspasado ós New York Knicks xunto a Derrick Rose e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017, a cambio de José Calderón, Jerian Grant e Robin Lopez.

O 3 de xaneiro de 2019, Holiday foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de MarShon Brooks, Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.

O 31 de xullo de 2019, Holiday asinou cos Indiana Pacers.

O 8 de febreiro de 2022, Holiday foi traspasado xunto a Domantas Sabonis, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.

O 6 de xullo de 2022, Holiday e Maurice Harkless foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Kevin Huerter.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Justin Holiday en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings